Seguindo co proxecto de I+D+i impulsado polo CSIC, dende o noso cole, imos colaborar na recuperación dun cereal milenario que naceu en Galicia.
A avea moura galega destaca pola súa resistencia, polos seus beneficios para a saúde e polo seu potencial na creación de produtos innovadores, vencellados á alta cociña, panadería e cosmética.
Plantámola na aula para poder observar de preto o seu crecemento e darlle os coidados necesarios e tamén na horta do cole e quen sabe se, unha vez medre, teremos algunha sorpresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario