martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN!

 

 Rematamos o curso felices de ter compartido a mesma burbulla.
Bo verán! Traede mil e unha aventuras para compartir...polo momento aquí van algunhas ideas!

lunes, 21 de junio de 2021

A arte no mundo

 Durante este trimeste, cada martes emprendimos viaxe a lugares distintos e, en cada lugar, coñecimos a un artista... todos eles diferentes, todos eles co seu estilo e todos eles xeniais!

Quixemos recrear as súas obras,  empregando distintas técnicas: un día ata pintamos con cubiños de xeo, si, si!! 

As nosas amigas e amigos de 6ºB tamén se apuntaron a viaxe... neste mapa podedes ver un montón de curiosidades que fumos aprendendo, premende sobre cada cadro para descubrilas!


viernes, 18 de junio de 2021

Festa!

 

Estamos tendo uns días de fin de curso con moito ritmo!

Hoxe, fíxonos bailar e pasalo en grande a Charanga Acordes, da que forma parte o noso profe de música, Jose!

Non podemos estar máis agradecidos por este enorme agasallo. 

Contaxiáronnos a súa boa enerxía... graciñas a moreas!




 

Cumples

 Hoxe festexamos os cumples do 3º trimestre e do verán!

Facémonos maiores!

miércoles, 16 de junio de 2021

Uxía Lambona e a Banda Molona

 

"Ei, rapaza! E vós que queredes?

Bailar coma tolos!"

Levabamos moitos días ensaiando e por fin chegou o día!!

Fartamos a bailar e cantar!

De paseo... polo tempo.

 

Bulide! Ata o día 22 de xuño, podedes ver na Casa da Cultura unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de 1º curso.

A nós encantounos!!

Casiñas para paxaros

 Os paxaros do cole xa teñen unhas casiñas moi especiais para pasar o día!

Quenes as farían?

De ruta

 Como presta coñecer máis polo miúdo a nosa contorna e, se é a pé e con xogos mellor que mellor!