miércoles, 17 de marzo de 2021

De estrea

 Estreamos tabletas!

Hoxe empregámolas para dirixir o mBot e para xogar mentras traballamos a percepción visual, conteo e orientación.

viernes, 12 de marzo de 2021

O libro dos porcos

 Seguimos camiñando en prol da igualdade de dereitos entre homes e mulleres...este 8M facémolo a través da lectura, reflexión e recreación do conto "O libro dos porcos" no que participaron todas as aulas do centro. 

Seguide lendo para coñecer a historia da familia Porcón

miércoles, 10 de marzo de 2021

Contamos Daniela Pirata na radio

Sen dúbida, o traballo en equipo sempre sabe mellor! Velaquí nos tedes cos nosos amigos de 6ºB...compartimos un conto porque compartimos obxectivo: TODAS E TODOS SOMOS IGUAIS!

Non perdades as reflexión finais!

miércoles, 3 de marzo de 2021

A filla do Grúfalo

 Hoxe, tivemos un contacontos mooooi especial!

Encántounos oílo e coñecer a historia A FILLA DO GRÚFALO.

Despois, paseamos polo bosque e atopamos unhas castañas xermolando, sen dubidalo levamolas á aula...agora toca esperar a que se convirtan en castiñeiros!