lunes, 11 de diciembre de 2023

Tic tac

 Achégase o fin de ano e nós xa nos estamos preparando!


Down Lugo

 A asociación Down Lugo achegouse ao cole para facer varios obradoiros e commemorar así o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Reflexionaron sobre a diversidade a través de distintas actividades, o alumnado de infantil a partir do conto "Elmer" e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria cun xogo de preguntas. 

Ademais de pasalo xenial aprendemos un montón!

Obradoiro madeira

Gracias a Gabriel, pai do noso compi Hugo, coñecimos polo miúdo o traballo do carpinteiro. 

Agasallounos con xogos feitos por el, ensinounos ás súas ferramentas e axudámoslle a construír unha árbore de madeira!!

Gracias a moreas por vir! Canta ilusión nos fai recibir ás familias no cole!! 

Mes da ciencia

  Para finalizar o "Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares", compartimos un montón de experimentos, co aire como protagonista.

Encántanos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras e mostrarlles os nosos descubrimientos!! 

Co noso experimento, comprobamos que o aire pesa!

Caseta meteoloróxica

 A última semana de novembro tocounos facer o rexistro meteorolóxico observando todos os aparatos da nosa caseta!

Atopamos restos fósiles

 Convertímonos en paleontólogos e paleontólogas!