martes, 30 de enero de 2024

Corremos por ELA

 Que día tan emotivo e bonito o de hoxe!!! 

Grazas a todas as familias pola colaboración e participación nesta carreira solidaria, a favor da Asociación Agaela.

E, por suposto, grazas a moreas a Rosa e a súa familia por acompañarnos!

Sen dúbida, un día da paz que non esqueceremos e tal e como di a canción...xuntos  conseguimos "cambiar o mundo nun plisplás"



Podedes ver máis imaxes pretendo aquí 

Folio xiratorio

 Poñemos en práctica a técnica de traballo cooperativo: folio xiratorio para pintar o símbolo da paz.

Un membro do equipo pinta ata escoitar unha sinal acústica, mentras os demais agardan o seu turno, cando remata o tempo pásalle o folio ao compi que ten ao lado, de xeito que o folio vai xirando para que todos completen o debuxo.

Fixémolo xenial!! 


Paciencia

 Temos lista a nosa palabra para o mural de centro sobre a paz: PACIENCIA 



miércoles, 24 de enero de 2024

viernes, 19 de enero de 2024

jueves, 18 de enero de 2024

Na covas

Hoxe, sacamos fotos no croma e despois fixemos algo de maxia na aplicación Canva elexindo o decorado!!


Aquí nos tedes nas nosas covas.


martes, 16 de enero de 2024

Comezamos proxecto!

 Ao entrar do recreo tiñamos unha carta da nosa mascota Sol, na que nos animaba a investigar sobre a prehistoria. Para ir comenzando, deixounos un libro e roupas desa época.

Estamos emocionados por aprender mais cousas e… bueno, tamén por descubrir como fixo Sol para escribir!!!! 




lunes, 15 de enero de 2024

Neve!!

 Experimentamos con témpera negra e branca sobre azul para conseguir distintos tons claros e escuros!!

E con este frío soamente nos apetecía decorar con NEVE!

domingo, 14 de enero de 2024

Ovelliña dame la

 Canto nos gusta este conto e cantas opcións nos ofrece para serguir aprendendo: vocabulario, lecto-escritura, trazos, robótica, conteo, direccionalidade…







Cosemos

Recibimos o inverno cosendo unhas bufandas… actividade estupenda para traballar a coordinación óculo manual, e a concentración!

Despois recortamoslles uns flecos, e decorámolas lanzando o dado e debuxando tantos círculos como os que indica o dado, empregando cores propios do inverno.

Escribimos colectivamente BUFANDA, e de xeito libre unha palabra vencellada coa estación.


Novo ano!

 Comezamos o ano novo pintando os números do 2024 con acuarela…encántanos!

Aproveitamos para decorar os números con grafismos creativos, e en actividades previas practicamos o trazo dos números e xogamos con cantidades.