jueves, 15 de diciembre de 2022

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Obradoiro material de refugallo

Un dos obxectivos que pretendemos acadar este curso, a través do PDI de centro sobre desenvolvemento sostible, é REUTILIZAR. Así que hoxe, puxémonos mans á obra.

Grazas á colaboración das familias conseguimos encher o corredor do cole de material de refugallo.

Para que, preguntarédesvos? Pois para crear unha aldea. Si, si! Unha aldea.

Organizámonos en 7 grupos e, dentro de cada un deles, alumnado de todas as idades.

Unha vez tiñan claro o reto: expuxeron ideas, tomaron decisións, organizáronse e crearon. Vaia se crearon! En breve veredes o resultado!!

Sen dúbida, foi un día do máis enriquecedor onde todas e todos se sentiron partícipes, onde os máis maiores do cole orientaron e axudaron aos máis peques, onde todas e todos colaboraron para un obxectivo común, onde se respiraba ilusión, concentración e moita imaxinación, onde (unha vez máis) comprobamos que xuntos somos máis fortes!!!

Veredes dende aquí como traballaron.

Ciencia

 Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas... a nosa converteuse en escenario dun montón de experimentos, onde cada curso lle explicou ao resto de compañeiras e compañeiros do cole os seus descubrimentos. Este ano, todos relacionados con enerxías renovables, contaminación e reciclaxe.

Un pasiño máis cara o coñecemento dun xeito de vida máis sostible.

Nós explicámoslles ao resto de compañeiras e compañeiros a forza do vento!

lunes, 28 de noviembre de 2022

Tríptico

 Todo o alumnado do centro colaborou na elaboración deste tríptico con consellos de vida sostible. 

Na nosa aula propoñemos cambiar a botella de plástico por cantimplora, animádesvos?


viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 Lemos o conto “Artur e Clementina” e reflexionamos sobre o que nos gusta e o que non, así como a importancia se dicilo en voz alta para que nos respecten e poder respectar aos demais.



viernes, 11 de noviembre de 2022

Magosto e torneo de peóns

Cucuruchos feitos, castañas asadas, música soando, peóns preparados… listos para pasar un día xenial! 

Parabéns aos dous compis da nosa aula que conseguiron facer rodar o peón!! 


martes, 8 de noviembre de 2022

Saída Friol

 A nosa primera saída no cole! Visitamos a Fortaleza de San Paio de Narla e o Friulio!

Encantounos ver como vivían fai tanto tempo!



sábado, 5 de noviembre de 2022

Simulacro

 Este venres realizamos un simulacro de incendio... fixémolo xenial! 

Despois, coñecimos un pouco máis os elementos que empregan os bombeiros no seu traballo... non nos atepecía a todos e a todas subir ao camión ou probar as súas chaquetas, aínda así pasamos un rato estupendo!!!


Recantos do xoves

 Velaquí tedes un exemplo do traballo realizado este xoves na aula.

Distrubuímos en grupos e rotamos, de xeito todos pasan polos distintos recantos:

-Natureza: aquí construímos con elementos naturais, manipulamos  e observamos follas e fortalecemos as nosas mans bullando unha espiga de millo.

-Lóxico-matemática: neste recanto cada neno ou nena elixe libremente o material de entre as propostas para estes días: crebacabezas, asociación de cores, percepción visual de distintas formas, creación con figuras, ensertables...

-Arte: nesta ocasión xogaron coa plasti, tiñan un novo material vencellado á estación do outono e que lles invita a crear churros para completar as púas do ourizo, boliñas para crear gotiñas de auga... con isto favorecemos a coordinación óculo manual, a forza e a presión da man.

-Letras: contando coa axuda da mestra tiveron que buscar as palabras para atopar a igual ao modelo. Isto fixémolo despois dun traballo grupal onde vimos as distintas partes do carballo, fixámonos nas letras que conformaban cada palabra e no seu son. Finalmente, tiveron que estampar con témpera as folliñas da árbore, actividade que tamén favorece a psicomotricidade fina.

viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín

 Graciñas ás familias pola vosa colaboración neste Samaín! Traballazo coas cabazas e cos disfraces.

Seguro que estes días oistes cantar na casa algo sobre unha bruxa piruxa... aquí vola presento por se vos apetece vela en familia.

Nestes días cantamos, bailamos, rimos e... aprendemos algo máis sobre o medo. Unha emoción que, pouco a pouco, imos aprendendo a xestionar.

miércoles, 26 de octubre de 2022

Contos de Samaín

 Últimas sesións de contacontos deste Samaín!

Hoxe, visitáronnos Sonia (nai do noso compi Martiño), Natalia (mamá de Martín) e Muriel (nai de Liam)

Canto nos gusta escoitar ás nosas familias e cantas sorpresas nos trouxeron! 

Historias inventadas, boliños de pan, contos con sorpresa, vampiresas divertidas... así, o medo é un poquiño menos medo!

Grazas a moreas por lernos os vosos contiños.


lunes, 24 de octubre de 2022

Días das bibliotecas escolares

Conmemoramos o Días da Bibliotecas Escolares con sesións de contacontos na nosa biblio e, como non podía ser doutro xeito, a temática é o Samaín!

Hoxe, Carmen, a avoa da nosa compi Zeltia leunos o conto "Oito Patas" Encantounos!

E vaia sorpresa máis chuli (e rica) nos tiña preparada para o final do conto!

Graciñas por vir!!


 

jueves, 20 de octubre de 2022

Reciclamos

 Durante este curso, realizaremos no cole un Proxecto sobre desenvolvemento sostible, que leva por nome: "A nosa pegada"

 Arrincamos esta semana coa primeira actividade: a separación de residuos... xa case, case o temos controlado!!

Animásdesvos na casa a separar para reciclar?




Actividades de outono

 Durante este trimestre, estamos a realizar un proxecto de aula sobro o carballo... estamos a aprendento un montón de cousas!

Aquí nos tedes clasificando follas, fixándonos  na súa forma, tamaño e textura. Esta actividade, ademáis de servir para recoñecer a folla do carballo, axúdanos a profundizar noutros conceptos matemáticos como: grande/pequeno, o conteo, as cores... favorece a observación e atención, amplia o noso vocabulario... unha morea de cousiñas as que estamos a aprender!


Outros xogos que temos estes días na aula vencellados co proxecto do carballo e cos froitos do outuno son estes que vedes nas imaxes. Un xeito lúdico de potenciar a atención, concentración, observación, espacialidade e razoamento... e, por suposto, alimentación saudable.






lunes, 17 de octubre de 2022

Recibimos a visita dalgúns dos xogadores do Club Baloncesto Breogán e da súa mascota Máximus, que nos fixo pasar moi bo rato movendo o esquelete!

Gozamos tamén de inchables!


 

domingo, 16 de octubre de 2022

O son que me arrola

O venres pasado gozamos de "O son que me arrola" A asociacion socio-educativa Antonio Gandoy ofreceunos unha proposta musical que achega aos máis peques a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e instumentación.

Quedamos marabillados... soamente hai que mirar as nosas cariñas!

jueves, 6 de octubre de 2022

jueves, 29 de septiembre de 2022

Monstro de cores

 Os primeiros días do cole coñecimos ao monstro das cores. Él tamén empezou o cole e... estaba feito un lío, cada vez que cambiaba de emoción cambiaba tamén a súa cor.

Nós, hoxe, axudámoslle a ordealas na mesa de luz. Pensamos unha situación, decidimos como nos fai sentir e escollemos a cor para colocala no bote correspondente.

Despois, na biblio descubrimos que o monstro ten un recanto para a calma, por iso está de cor verde!




Aquí tedes un vídeo co conto por se non o coñecedes na casa.



Obradoiro

 No día de onte, achegáronse á aula un grupo de voluntarias e voluntarios do Xacobeo de Palas de Rei para realizar un obradoiro de construción de instrumentos con materiais de refugallo.

Encantounos!

martes, 27 de septiembre de 2022

domingo, 25 de septiembre de 2022

Primeiros días

Comezamos xa a coñecer os materiais de cada recanto… primeiro facemos algún xogo de grupo para despois integralo no espazo correspondente e poder xogar libremente. A partir de aquí imos aprendendo os primeiros conceptos! 

A semana pasada pasamos polo recanto de arte, lóxico matemática e construcción. 

viernes, 16 de septiembre de 2022

Comezamos!

 Chegou setembro e con él un novo curso.

Nestes días os máis peques do cole estiveron adaptándose e coñecendo espazos, materiais, compis, profes  e... como non podía ser doutro xeito: pasándoo moi ben! Xogamos, limos contos, cantamos, pintamos cos dedos, aprendemos as primeiras rutinas da aula... todo con moitas ganas e ilusión!

PRIMEIRA SEMANA DE COLE SUPERADA CON ÉXITO!


 

lunes, 27 de junio de 2022

Ata sempre!


 

Graduación

 É o momento de voar e seguir medrando.

Grazas por estes cursos... somos unha piña!


Festa!

 O último día de cole tivemos festaza: inchables, pintacaras e marionetas dos Bolechas.

Grazas ao alumnado, profes, persoal de cociña, colaboradoras, conserxes, persoal de limpeza, coidadora, ao Concello, ao CIM, a Aloumiño e a ANPA... fixestes que pasaramos unha mañá xenial!

lunes, 20 de junio de 2022

Santiago de Compostela

 Visitamos a cidade de Santiago de Compostela e coñecémola dende o tren turístico. 

Rematamos a xornada entrando na catedral como broche para o noso proxecto "Palas é camiño"

Que ben o pasamos!


 

sábado, 4 de junio de 2022

Circuíto educación viaria

Fixemos exercicio, coñecemos sinais e normas de circulación e contribuímos a fomentar valores de conservación do medio ambiente.

sábado, 28 de mayo de 2022

Saída Melide

 Visitamos o museo de Melide, realizamos un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por este concello e... xogamos un montón!!


 

viernes, 20 de mayo de 2022

Abellas

Graciñas á ANPA por traernos a Mercedes ao cole... contounos un montón de cousas sobre as abellas, o traballo que fan, o importantes que son e, como somos moi larpeiros, deixounos probar a mel!

martes, 19 de abril de 2022

Palas é camiño

 Accedendo ao enlace veredes o traballo de investigación do alumnado sobre o Proxecto do Camiño de Santiago. Na nosa aula elaboramos a información dos Chacotes e da Serra do Careón. Desfrutade!

Agasallo

 Dentro do Proxecto Palas é Camiño, a Xunta de Galicia entrégalle ao alumnado de infantil, 1º e 2º de educación primaria, un conxunto formado por chaleco, viseira, mochila e suadoiro. Estamos listos para o Camiño!




martes, 15 de marzo de 2022

Investigamos o camiño

 Achegámonos a varios puntos do camiño de Santiago para aprender máis sobre estes lugares. O noso obxectivo: Os Chacotes.

martes, 8 de marzo de 2022

8M

 Conmemoramos o Día da Muller traballadora participando na II Marcha pola Igualdade organizada polo centro de información á muller do Concello de Palas de Rei. O alumnado de primaria fixo o percorrido dende o Concello ata o cole, mentras que o alumnado de educación infantil saíu ata a praza da Ulloa (por mor das inclemencias meteorolóxicas)

Todas e todos cun obxectivo común: a búsqueda de igualdade e non discriminación.

Completámola xornada escoitando a Muriel, que nos ofreceu unha visión moi interesante sobre o seu traballo e as súas experiencias en relación coa igualdade. Ensinounos que todas e todos somos iguais e que as mulleres tamén somos mooooi fortes! Graciñas por vir, encantounos terte con nós!


sábado, 5 de marzo de 2022

Entroido na biblio

Algún neno da aula: "pois xa que imos pasar un día tan xenial disfrazados podiamos ir a ese sitio do cole que nos encanta, xa sabedes todos cal é, non?"

E claro que sabían.

A NOSA BIBLIO! 

A biblio do cole ofrécenos un montón de recursos. Neste entroido, aproveitámola para ler algún conto vencellado coa igualdade, para gravar un programa de rimas cos nosos disfraces e para transportarnos a un milleiro de lugares co chroma!



 

Coñecédesnos?