jueves, 29 de octubre de 2020

Monstro come medos

Nestes días onde nos rodean os sustos traballamos a emoción do medo, non é nada doado de xestionalo pero nós tivemos algunha idea... presentámosvos ao noso monstro comemedos, dentro ten os nosos medos para que non saian. 




viernes, 23 de octubre de 2020

Deisi

 Presentámosvos a Deisi, a nosa mascota de aula!!

Graciñas familias por aportar o material para poder facer este robot!! 


jueves, 22 de octubre de 2020

Os nosos nomes

 Escribimos co teclado:

 

ALMA    ADRIAN   DIEGO R.  BREIXO  XURXO

HUGO G.   MARINA   ROBERTO  ALDARA 

ALEJANDRA   PEDRO  ALEX    JUANMA  IZAN

 

 

martes, 20 de octubre de 2020

viernes, 16 de octubre de 2020

Xogar a pensar

Todas as semanas tempos un tempiño para aprender a pensar. Facémolo da man de Juanita, unha xoaniña que, a través dos seus contos e aventuras fainos pensar. Bueno, pensar e observar, escoitar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar...a través da música, da pintura, de diferentes textos e de xogos.  



jueves, 15 de octubre de 2020

O nome propio

Que gañas tiñamos de xogar co robot!!! No xogo de hoxe programamos  a abelliña para ir da nosa foto ao noso nome.  

Aproveitamos este material para seguir aprendendo e xogando coas letras. 


miércoles, 14 de octubre de 2020

Mandalas

Iniciámonos na construción de mandalas! Fixémolas en pequeno grupo empregando os froitos de outono que temos na aula... 

viernes, 9 de octubre de 2020

Mates divertidas

 Mates divertidas con algo tan sinxelo como bolsiñas de tea, unha con números, outra con figuras e outra con cores... o factor sorpresa de comprobar o elemento que vai saír encántanos!  Despois localizamos nas pezas magnéticas o que marca. 




Seguimos explorando o bosque

 Sen dúbida chegou o outono


viernes, 2 de octubre de 2020

Historias no bosque


Creamos recantos no cole para facer unha das cousas que máis nos gustan...que os nosos compis maiores nos conten un contiño. 

Bandexas de xogo

“E agora que fago?” Para os momentos de cambio de actividade ou tempos de espera, empregamos as bandexas de xogo.

Na aula temos cinco equipos, cada un emprega unha bandexa de xogo durante a xornada e ao longo da semana vanse rotando.

Algunhas das propostas son: percepción, orientación espacial, construción, asociación, coordinación, memoria...