Xunto cos nosos compis da aula de 3 anos A, cociñamos un biscoito con ovos das nosas galiñas e limón do noso limoeiro.
E que… con produtos do cole todo sabe mellor!
Xunto cos nosos compis da aula de 3 anos A, cociñamos un biscoito con ovos das nosas galiñas e limón do noso limoeiro.
E que… con produtos do cole todo sabe mellor!
E por fin chegou o día! Visitiamos a Illa de Ons!
Canta ilusión nun so día: bañámonos, xogamos na area, buscamos teosuros na praia, valoramos, coidamos e reconectamos coa natureza nun ambiente cheo de grandes (e pequenas) vivencias compartidas.
Despois dunha andaina, co percorrido adaptado por niveis, chegamos a San Miguel de Coence para celebrar as 1º Olimpíadas rurais do cole de Palas.
Pero non só xogamos, tamén creamos o noso tradicional maio, cantamos e bailamos.
Nas sesións de PELO (programa de estimulación da linguaxe oral) creamos este recurso para traballar vocabulario e estrutura da frase a través de pictogramas e imaxes familiares. Coñecedes a alguén?
Gracias as profes Lucía e Ylenia por axudarnos a aprender con tanta ilusión!
Temos varias árbores froiterias no cole, dando un paseo descubrimos que o limoieiro tiña uns limóns enormes e quixamos probalos!
Despois, o noso cociñeiro explicounos que receitas fai con limón.

Coñecemos a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no día das Letras Galegas, creando un mural conxunto, velaquí a nosa aportación!
Participamos no videoclip da canción Odessa, creada polo grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".
No minuto 2:40 e 3:25 veredes ao alumnado de infantil, 1º e 2º bailando!!
Pero que ben o fan!
Sempre que chegamos a un trazo en papel temos realizadas outras actividades previas necesarias… aquí nos tedes dando saltos (coma un pitiño) para despois debuxalo nun soporte amplio e con pincel e, posteriormente trazalo.
Vistamos a panadería Irene e descubrimos como traballan á vez que aprendimos os ingredientes para facer unhas madalenas e pizzas… estaba todo riquísimo!
Xa temos máis ideas para cociñar os ovos das nosas galiñas!
2 de maio, día contra o acoso escolar!
Elaboramos xunto con todo o alumnado do cole este mural, para reflexionar sobre o acoso, porque tratarnos ben é cousa do día a día.
Unha das galiñas do cole está choca, imos visitala agardando que pronto nazcan os pitiños! Canto faltará?
Facemos series de dous elementos por parellas e despois… construimos libremente, unha actividade que nos encanta e que nos axuda a potenciar a motricidade fina, a coordinación viso espacial, o razoamento lóxico matemático e a planificación de tarefas, entre outras cousas.