miércoles, 27 de enero de 2021

martes, 26 de enero de 2021

A auténtica historia dos tres porquiños

 Todos coñecemos o conto dos tres porquiños, peeeero hoxe, tocou escoitar a versión do lobo...todo tivo que ver cunha cunca de azúcre, un resfriado e...uns periodistas que lle deron a volta á historia!!

Isto deunos pé para ver as partes dunha noticia no xornal. Tamén podemos buscar as letras do noso nome no titular! 




lunes, 25 de enero de 2021

sábado, 23 de enero de 2021

Respira

 


 O traballo das emocións está sempre presente na aula. Estes días parámonos a pensar porqué os malvados dos contos fan cousas que non nos gustan, estarán enfandados?

Isto levounos a traballar o enfando: primeiro, fixemos unha chuvia de ideas sobre o que nos pasa a nós cando nos enfadamos (estes peques coñécense moi ben! saíron cousas moi interesantes) Todas esas cousas non nos gustan, así que tivemos que pensar en algunha alternativa para conseguir volver á calma.

Recordade que todas as emocións son válidas, o importante é saber xestionalas. É natural que, en ocasións, nos enfademos: as inxustizas, que nos peguen,...iso enfádanos. O que non pode pasar é que a consecuencia dese enfado sexa pegar, berrar, empurrar,...en definitiva, facer dano aos demais. Que isto non suceda é moi díficil de controlar para os peques, unha das técnicas que vimos para dominar o enfando é RESPIRAR (tan sinxelo pero tan complicado á vez)

Esta semana fixémolo deste xeito:

-Enchemos un bote con auga e purpurina (que simula o enfando)

-Axitámolo para que a purpurina empezase a xirar e xirar

-Cerramos os ollos, RESPIRAMOS, engadímoslle un pouco de música...

-Cando abrimos os ollos vimos que a purpurina estancouse no fondo do tarro...o enfado calmouse

 

Cando o probamos non estabamos enfadados pero serviunos para ver o "agustiño" que quedamos, o que vai favorecer que nos acordemos desta sensación cando veña o enfando...

Mirade que maxia...

 
 
Deixovos este vídeo no que explican moi ben o proceso.

 



Creamos con Lego

 

Este curso, o cole participa nun proxecto de introdución á robótica para educación primaria, a través do cal recibe un material para poder manipular e crear...os nosos compis maiores deixáronnos esta caixa de Lego para poder construír...saben o moito que nos gusta investigar!
As pezas son mooooi pequenas, así que xogamos con elas en pequeno grupo e con guía. Estannos servindo para traballar aspectos como o conteo, a discriminación de tamaños, formas e cores, a orientación espacial e, por suposto, a imaxiación e diversión!
Estade atentos! Iremos montrando as nosas creacións a medida que cada grupo vaia empregando o material.

viernes, 22 de enero de 2021

jueves, 21 de enero de 2021

As manoplas de carapuchiña

 O lobo non sempre é tan malvado...todo depende do conto! 

 Facemos comparacións cos contos nos que aparece a carapuchiña.



Deixovos o conto para que poidades coñecer unha versión diferente da carapuchiña vermella...na aula encántanos!  



lunes, 18 de enero de 2021

O lobo

 Deisi deixounos unha información moi curiosa para coñecer un pouco máis ao lobo...sabiades que poden ulir dende unha distancia de 3 quilómetros? Fascinante!!

Tamén nos explicou como son os seus ollos, as orellas...a partir de aquí fixemos unha composición seguindo as instrucións de Deisi!!


miércoles, 13 de enero de 2021

Malvados? de contos



 Comezamos novo proxecto: malvados e malvadas de conto!!   Hoxe, atopamos na aula unha pista sobre o primeiro malvado que imos coñecer...sabedes de quen se trata???

E...será tan feroz como din?