O traballo das emocións está sempre presente na aula. Estes días parámonos a pensar porqué os malvados dos contos fan cousas que non nos gustan, estarán enfandados?
Isto levounos a traballar o enfando: primeiro, fixemos unha chuvia de ideas sobre o que nos pasa a nós cando nos enfadamos (estes peques coñécense moi ben! saíron cousas moi interesantes) Todas esas cousas non nos gustan, así que tivemos que pensar en algunha alternativa para conseguir volver á calma.
Recordade que todas as emocións son válidas, o importante é saber xestionalas. É natural que, en ocasións, nos enfademos: as inxustizas, que nos peguen,...iso enfádanos. O que non pode pasar é que a consecuencia dese enfado sexa pegar, berrar, empurrar,...en definitiva, facer dano aos demais. Que isto non suceda é moi díficil de controlar para os peques, unha das técnicas que vimos para dominar o enfando é RESPIRAR (tan sinxelo pero tan complicado á vez)
Esta semana fixémolo deste xeito:
-Enchemos un bote con auga e purpurina (que simula o enfando)
-Axitámolo para que a purpurina empezase a xirar e xirar
-Cerramos os ollos, RESPIRAMOS, engadímoslle un pouco de música...
-Cando abrimos os ollos vimos que a purpurina estancouse no fondo do tarro...o enfado calmouse
Cando o probamos non estabamos enfadados pero serviunos para ver o "agustiño" que quedamos, o que vai favorecer que nos acordemos desta sensación cando veña o enfando...
Mirade que maxia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario