Este curso, o cole participa nun proxecto de introdución á robótica para educación primaria, a través do cal recibe un material para poder manipular e crear...os nosos compis maiores deixáronnos esta caixa de Lego para poder construír...saben o moito que nos gusta investigar!
As pezas son mooooi pequenas, así que xogamos con elas en pequeno grupo e con guía. Estannos servindo para traballar aspectos como o conteo, a discriminación de tamaños, formas e cores, a orientación espacial e, por suposto, a imaxiación e diversión!
Estade atentos! Iremos montrando as nosas creacións a medida que cada grupo vaia empregando o material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario