jueves, 22 de marzo de 2018

13 consellos para coidar o planeta

Con estes debuxos tratamos de contaxiar as nosas veciñas e veciños con boas prácticas para coidar o planeta e a paisaxe. 


Recantos con encanto

Un dos obxectivos que queriamos acadar ao participar no Proxecto sobre paisaxe era ver como se transforma o noso entorno co paso do tempo...grazas á axuda que nos prestastes as familias conseguímolo!
Un milleiro de grazas pola vosa participación!
Agora o corredor do cole tamén se convertiu nun "recanto con encanto" con esta exposición fotográfica.

Casa do Patrón

A semana pasada achegámonos a Lalín para descubrir como era a vida na aldea e na época castrexa. Íamos cargadiños de curiosidade!!

lunes, 12 de marzo de 2018

Libro viaxeiro Anxo

E como non podía ser doutro xeito, unha páxina xenial para rematar o noso conto. Bravo!

Semana da prensa

A semana pasada estivemos traballando co xornal. Mirade que conversa tan interesante tiveron cando viron a sección de deportes.
-Nesas fotos non hai ningunha chica
-É certo! Pois eso a min non me gusta nada
-As mulleres tamén fan deporte, tiñan que poñer aquí a súa foto

...tomar conciencia é un dos  primeiros pasos cara a igualdade 👍

Ademais disto sorpendémonos con todo o que atopamos: bosques cheos de lixo, inundacións por causa da choiva,...

Día da ¨Muller

Algunhas das activiades que fixemos para conmemorar o Día da Muller foi este mural.
Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración!

Area Lunar

Tiñamos ganas de viaxar ata a Lúa para deixar a nosa pegada alí,...como esto é imposible a profe Silvia ensinounos a facer area lunar. Encantounos a súa textura!!

Libro viaxeiro Lucía

A nosa amiga Lucía deixou así de bonita unha nova páxina do libro viaxeiro...estamos a piques de rematalo!!

lunes, 5 de marzo de 2018

Patrulla ecolóxica

A encargada ou encargado do día ten unha nova tarefa: ser PATRULLA ECOLÓXICA, o seu traballo consiste en supervisar e aconsellar boas accións para coidar o planeta

domingo, 4 de marzo de 2018

Coida a paisaxe!


Velaquí o esperado vídeo con consellos para coidar a paisaxe!
Fixémolo todo nós...as personaxes, o decorado, as fotografías e as voces. Un gran traballo en equipo!

sábado, 3 de marzo de 2018