miércoles, 23 de diciembre de 2020

Feliz ano!

 

...que chova, que neve ou que vente!

Nós felices!

Feliz 2021!







Obradoiros

Rematamos o ano realizando varios obradoiros nos que o pasamos xenial!

Fixemos postais, adornos para a árbore e axudamos a nosa mascota da biblio a recuperar as súas cores!

Para iso, tivemos que realizar unha serie de probas: chuvia de cores, busca con lupa, baile, experimento, rescatar un conto pechado con chave...Que pensades? Conseguiriamos superar as misións?

Deixámosvos as misións por se vos apetece facelas tamén na casa!

lunes, 21 de diciembre de 2020

miércoles, 9 de diciembre de 2020

O rosa é de nenas?

Velaquí o primerio programa de radio no que participamos todas e todos! Que emoción!

A inspiración chegounos despois da lectura do conto "O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa". Con este pequeno anuncio imos reflexionar sobre un tema tan importante para nós como é o xogo e as cores...o azul é de nenos?


miércoles, 2 de diciembre de 2020

Traballamos as mates dun xeito divertido con esta carreira de escornabot, para avanzar lanzámolo dado e programamos o robot para mover tantas casillas como indica o número.

Cal atrapará primeiro ao dinosaurio?