sábado, 23 de septiembre de 2023

El pez arcoíris

Esta semana estivemos traballando un montón a partir da lectura do conto “El pez arcoíris”, como por exemplo:



-O trazo ondulado e as cores para conseguir debuxar as escamas dos peixes.


-O conteo e asociación número/cantidade, poñendo na mesa de luz tantas burbullas como indicaba o número. Isto serviunos para recordar a figura do círculo e a realización de series de dous elementos.


-Dende a pantalla dixital realizamos actividades de comprensión do conto, lectura de imaxes, así como un diálogo sobre a xenerosidade (tema principal do conto)

-Tamén falamos sobre os animais mariños e as súas características.

-Escribimos a palabra PEIXE. 

-Aprendemos a escoitar, respectar o turno de palabra…

Deixovos aquí un vídeo do conto:





lunes, 18 de septiembre de 2023

Sol

Presentámosvos a SOL, a nosa mascota de aula.

Para creala comezamos realizando uns debuxos por parellas… cada parella tivo que chegar ao acordo sobre que debuxar e facelo conxuntamente.

Unha vez tivemos os debuxos, votamos para decidir con cal nos quedabamos. Todas as propostas era xeniais!! pero gañou o debuxo da bolboreta.

Hoxe, chegou este boneco á aula, inspirado no debuxo, así que entre todos buscámoslle un nome!

Agora, soamente nos queda coidala moito… cantas sorpresas nos terá preparadas?

jueves, 14 de septiembre de 2023

Ideas para ter un curso xenial!


 Tiñamos mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixamos unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!