miércoles, 27 de noviembre de 2019

No invernadoiro


Agora toca esperar a que medren as nosas leitugas 



Convertémonos en contacontos!!! Como nos gusta tanto o conto do Polo Pepe quixemos contarllo aos nosos compis de 5º de primaria que foron todo oídos!! 
Ao rematar reconstruímos o conto empregando o beebot.


#asbravasdepalas


Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.
O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.
Non podemos estar máis agradecidos!!

jueves, 14 de noviembre de 2019

Bee-bot

Damos os nosos primeiros pasos na robótica. Con esta abelliña, ademáis de aprender a programar, traballamos  moitos aspectos como poden ser a direccionalidade, a memoria, o conteo ou, no xogo de hoxe, os froitos do outono


Programa estimulación da linguaxe oral

Cada xoves, a profe María ven a nosa aula para facer con nós un montón de xogos para traballar a comprensión e producción lingüística
Hoxe pasámolo así de ben!!!

sábado, 9 de noviembre de 2019

Magosto

Cucuruchos listos e...a comer castañas!

Servizo de préstamo da biblioteca escolar

Todos os venres realizarémolo préstamo da biblio para poder levar a casa un conto...gústanos un montón escoitalos!! Esta semana tivemos sorpresa e léronos o conto os nenos e as nenas de quinto!So hai que mirar as nosas caras para ver que nos encantou!!

jueves, 7 de noviembre de 2019

Dado

Todos os días facemos algún xogo manipulativo para traballar distintos contidos. Neste caso, lanzámolo dado dúas veces: a primeira tirada para saber o número de castañas que collemos (1 ou 2) e a segunda indícanos a cor na que temos que colocala.

viernes, 1 de noviembre de 2019

Samaín


...tan felices coas nosas cabaciñas!! Mil grazas pola vosa colaboración!

Día das bibliotecas


Neste día, cada nena e neno do cole elaborou unha pluma para completar estas ás. A nós encántannos os contos, ahí vai un que estivemos vendo estes días!

Quen gañará a carreira?


Neste xogo imos sacando ao chou tarxetas de cores dunha caixa, avanza un paso o animal que se atope no camiño desa mesma cor. Cal será o máis rápido?

Como te sintes?

Para poder identificar como nos sentimos é importante recoñecer as nosas emocións, esta vez fixémolo a través do diálogo e de imaxes. E ti, como te sintes?

Trazos

Aquí nos tedes practicando trazos verticais no encerado dixital

As cores

Un dos xogos que realizamos para aprender as cores é clasificalos en bandexas, o que despois nos serviu para traballar o conteo e conceptos como "moitos", "poucos"



Con forza!

Cada vez nos gusta facer máis cousas sós. Por iso, traballamos para adquirir máis forza nos nosos dedos. Esta vez tocou rasgar, facer boliñas e abrir tapóns.


Mates otoñais

Nunha das saídas que fixemos ao bosque do cole recollimos follas e froitos do outono que nos serviron para contar, facer correspondencias, contar, clasificar,..as mates están por todos lados!





O Polo Pepe

Este poliño acompañounos os primeiros días de cole! Cantamos, pintamos, pensamos, amasamos e divertímonos con el!