viernes, 26 de abril de 2024

Almorzo saudable

 Comezamos o día cargándonos de enerxía e vitaminas compartindo un almorzo saudable e equilibrado no comedor do cole.

Un xeito fantástico de aprender e adquirir hábitos alimenticios saudables!

Amorodos

A partir dunha conversa sobre a polinización que realizan as abellas, a semana pasada, decidimos plantar uns amorodos para observar moi de preto como se transforma a flor en froita.

Pois ben, xa temos os primeiros amorodos. Hoxe, tocoulles levalos para comer na casa a dous compis… agora so queda seguir coidando as nosas plantiñas para compartir os amorodos! 





Le cose que passano

 Rematamos a semana do libro cun conto en italiano dende Roma. Si, si, dende Roma!

Conectámonos con Marina, curmá da nosa compi Zeltia, que nos sorprendeu dende esta cidade Italiana!!!

Fascinounos poder falar con ela a través da nosa pantalla.

Grazie mille!! 



jueves, 25 de abril de 2024

miércoles, 24 de abril de 2024

martes, 23 de abril de 2024

Non quero ser un polbo!

Nesta semana do libro… Juan, o pai da nosa compi María, contounos un conto con moooita maxia. 

Encantounos!!


Curiosidades das abellas

Polos corredores do cole vimos una carteis sobre as abellas, descubrimos que os crearon algúns nenos e nenas da aula de 2º.

Hoxe, explicáronnos un montón de curiosidades! 

Celdas

 Sabiades que as celdas son hexagonais?

Intentamos construir esa forma de nome tan raro…

viernes, 19 de abril de 2024

Flores

 Queremos que as abellas teñan moitos lugares onde coller néctar, así que saímos ao bosque e… puxémos unhas sementes de flores en envases reciclados. Estamos desexando velas medrar.

Collimos terra do noso invernadoiro e aproveitamos para ver o grandes que están as leitugas e coliflores que plantamos, en nadiña xa as podemos levar ao prato!! 

sábado, 13 de abril de 2024

Papel de burbullas

 Dende facer un panal ata gañar forza nos nosos dedos… o papel de burbullas ten moooitas (e moi divertidas) posibilidades! 

Sementando

 Chega a primavera e non nos podemos resistir a sementaaaaar!

Que sairá deste papel con sementes que nos enviou o noso amigo Emile dende Toulouse??

miércoles, 10 de abril de 2024

Polinización

 Durante este trimestre, imos realizar un proxecto sobre “As Abellas”

Despois da saída ao Enredo de Abelleiro, sabemos un montón de cousas pero… queremos aprender mais!!

Hoxe, experimentamos sobre o proceso de polinización, aprendemos en que consiste e o que sucede cando as abellas fan este importante traballo. 


miércoles, 3 de abril de 2024

Xogo de mesa

 Comezamos a nova estación cun xogo de mesa moi primaveral! Este taboeiro vainos axudar a profundizar no conteo, no cumplimento de normas, en agardar o turno e, ademais pasámolo xenial!




viernes, 22 de marzo de 2024

Bailamos na nosa cova!

 Despedimos o trimestre cun pouco de baile na nosa cova!

Vémonos á volta! 

Gracias á familia do noso compi Liam por traernos este mamut!! 

Bailamos a canción “El hombre de cromagnon”



jueves, 21 de marzo de 2024

O enredo do abelleiro

Pasamos unha xornada xenial coñecendo o fascinante mundo das abellas no museo "O Enredo do Abelleiro", en Arzúa.

Ademais, envasamos o noso tarriño de mel e elaboramos candeas con cera.


viernes, 15 de marzo de 2024

Sementamos

 Leitugas e coliflores na terra!

Agora toca agardar a que medren! 





Cómic

 Conmemoramos o Día do Cómic recreando a coñecida tira cómica 13, Rue del Percebe creada por Francisco Ibáñez.

Cada aula elaborou un piso, quedando así de xenial! 


Velaquí o que inventamos na nosa aula. 


viernes, 8 de marzo de 2024

Día internacional da muller

Conmemoramos o 8M na nosa biblio cun recitado de poemas escritos por mulleres. As voces do alumnado soan con forza, altas e claras para seguir defendendo a igualdade. Nós recitamos un anaco dun poema de Frida Kahlo.


Posteriormente, tivo lugar un acto conxunto coas compañeiras e compañeiros do IES, así como con integrantes do CIM de Palas de Rei, no que se realizou a lectura dun manifesto.

Para preparar este día, a nosa mascota Daia, recolleu unhas cantas lecturas neste recanto, que nos serviron para traballar nas aulas. 

Na clase, limos o conto de "Maruxa" e "La falda morada de Leo", dous contiños que nos fixeron reflexionar sobre o bo de compartir tarefas no fogar e sobre a liberdade de escoller cada quen o que máis lle guste e repectar a elección dos demais... este é o verdadeiro inicio cara a igualdade.


Podcast sobre a orixe do lume

Seguimos aprendendo un montón de cousas a partir do PDI de centro "Capitán Planeta", neste trimestre centrado nos elementos naturais da terra e do lume e... terá algo que ver coa prehistoria?

Escoitade!

viernes, 23 de febrero de 2024

Teño tres pitas brancas

 Así de chulis quedaron os imáns inspirados no poema de Rosalía de Castro. 

Recitamos a Rosalía

Nestes días aprendemos un poema de Rosalía que fala dunhas pitas brancas... queredes saber o que quería facer Rosalía de Castro cos ovos destas pitas? Escoitádenos en RadioColePalas e descubrirédelo!  

 

Día de Rosalía

Conmemoramos o Día de Rosalía cunha exposición de carteis sobre a biografía da escritora, elaborados por todo o alumnado do centro.

Podedes velos premendo aquí.

Na nosa aula, centrámonos na infancia de Rosalía, esta tarefa serviunos para profundizar no coñecemento de Rosalía, así como para traballar a asociación do fonema coa letra, que é a base e inicio da lectura. 

martes, 20 de febrero de 2024

Facemos plastilina

Ingredientes á pota seguindo a receita, poñémola ao lume sen deixar de remexer e… plastilina lista!

Unha vez fría, creamos, en pequeno grupo, os tres nomes de Rosalía (María Rosalía Rita) e o seu apelido (de Castro), cada equipo gravou a súa palabra na aplicación scratch, para dar comezo á maxia.

A través da placa makey makey, cada vez que tocamos a plastilina soa a palabra escrita. Guau!


viernes, 16 de febrero de 2024

Marionetas

 Cantas historias contarán estes mamuts?

Libros informativos

 Sen dúbida, estamos aprendendo un montón sobre a prehistoria! Estannos axudando moito todos os libros e contos que temos no recanto das curiosidades!!


Nestes días, tamén vimos algúns vídeos sobre prehistoria.



martes, 6 de febrero de 2024

Crepes

 O noso amigo Emile respondeu á carta que lle enviamos!!

Canta ilusión nos fixo todo o que nos contou e que… acordámonos un montón del! 

Entre outras cousas, chegaron dende Toulouse unhas ricas crêpres que probamos hoxe… ñam! Boísimas!

E máis pinturas rupestres

 A nosa mascota Sol escribiunos de novo, esta vez para invitarnos a pintar con pigmentos naturais e, nós non dubidamos en probar!!! Pero primeiro fomos ao bosque do cole recoller algún elemento máis para facer as nosas pinturas. 

martes, 30 de enero de 2024

Corremos por ELA

 Que día tan emotivo e bonito o de hoxe!!! 

Grazas a todas as familias pola colaboración e participación nesta carreira solidaria, a favor da Asociación Agaela.

E, por suposto, grazas a moreas a Rosa e a súa familia por acompañarnos!

Sen dúbida, un día da paz que non esqueceremos e tal e como di a canción...xuntos  conseguimos "cambiar o mundo nun plisplás"



Podedes ver máis imaxes pretendo aquí 

Folio xiratorio

 Poñemos en práctica a técnica de traballo cooperativo: folio xiratorio para pintar o símbolo da paz.

Un membro do equipo pinta ata escoitar unha sinal acústica, mentras os demais agardan o seu turno, cando remata o tempo pásalle o folio ao compi que ten ao lado, de xeito que o folio vai xirando para que todos completen o debuxo.

Fixémolo xenial!!