viernes, 23 de enero de 2026

A mellor sopa do mundo

Seguimos empregando o conto como punto de  inicio para as nosas actividades.

Nesta ocasión, a partir de "A mellor sopa do mundo" ademais de traballar valores, o inverno e introducir o noso próximo proxecto sobre os bosques, realizamos unha sesión de lóxico matemática.

Para isto, recreamos a recollida de alimentos e clasificámolos en función da cantidade,  se collemos un botámolo na sopa, se collemos dous na caixa para o postre. Tamén xogamos con regletas, policubos e fichas translúcidas para ir afianzando números e cantidades. 

Un xeito vivencial e manipulativo de aprender matemáticas.












 

No hay comentarios:

Publicar un comentario