Vaia sorpresa nos tiña preparada a nosa mascota Tete cando entramos na aula!
Descubrimos a festa do Samaín! Ten súa orixe cos celtas, servía para festexar o fin da colleita e dar a benvida ao outono. Para atraer a boa sorte baleiraban cabazas e deixábanas con candeas acesas nas portas das casas.
Nós puxémonos mans á obra e limos algún contiño sobre o tema, tinguimos garavanzos para preparar unha mesa sensorial e pintamos cabazas.















No hay comentarios:
Publicar un comentario