lunes, 14 de abril de 2025

8M

 Para conmemorar o 8M reflexionamos sobre un tema de actualidade: os salarios.

Tras facer o mesmo traballo (recoller os rotus) un neno e unha nena reciben o seu "salario". 

O neno ten moooitos caramelo e a nena moi poucos.

Os observadores e observadoras téñeno claro:

-iso non pode ser!

-os dous fixeron un traballo en equipo

-puxéronse de acordo e colaboraron igual

-merecen os mesmos caramelos

 Esta chuvia de ideas  reflicte que para nós a igualdade é real!

A conversa foi do máis enriquecedora, e os que recolleron os rotus acabaron repartindo os seus caramelos con todos os seus amigos e amigas por ser tan amables con eles... todo levado de xeito espontáneo e autónomo por parte dos nenos e das nenas. Que marabilla velos! Canto temos que aprender os adultos do pensamento tan limpo e puro destes peques.

 

 









Aproveitando que eses días a nosa mascota Pompón estaba de viaxe por México, recreamos a figura de Frida, unha muller que loitou polos dereitos e igualdade.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario