lunes, 3 de marzo de 2025

Volantes de Chantada

Chegou o día de lucir os nosos disfraces de Volantes de Chantada!
Graciñas familias pola vosa colaboración!

Comezamos o día de entroido almorzando un chocolate con churros, para cargarnos de enerxía!

A temática de centro foi "O entroido galego", o que proximamente se declarará Ben de Interese Cultural. Abordamos a diversidade e historia das costumes e dos traxes de diferentes puntos da xeografía galega, o que nos trasladou a súa orixe para comprender e valorar esta festa tan tradicional.

Enchemos as rúas de alegría e diversión, facendo parada no IES do Camiño, na Escola Infantil, no Centro de Día e na Residencia de Maiores para rematar na praza do Concello e dar paso ao desfile de: Xenerais do Ulla, o Enterro da Sardiña, Volantes de Chantada, roupa vella, Madamas e Galáns, Choqueiros, Oso de Salcedo e Troteiros de Bande. 

Rematamos a xornada queimando o meco que tantas falcatruadas nos fixo ao longo de toda a semana.

 































 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario