Gracias a Agustín, pasamos unha xornada
no máis interesante no bosque que temos preto do cole. Este obradoiro,
enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta", axudounos a observar a nosa
contorna e a descubrir moitas das súas curiosidades: o ferreiriño e o
seu canto, plantas que curan feridas, paxariños que "petan" nas árbores,
chuvias de follas, setas que lanzan "peidos de lobo", froitos,
sementes, cores, animaliños agochados... canto aprendemos e, que ben o
pasamos!
Gracias, Agustín, por achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e a querer coidalos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario