A partir da lectura do conto "Así es mi corazón", descubrimos que o noso corazón esconde un montón de sensacións segundo como nos sentimos, falamos delas e creamos uns corazóns inspirados na súa portada empregando rotuladores e o boli 3D.
Para repartilos cada neno ou nena colleu un corazón ao chou, levoullo ao compi correspondente e díxolle algo que lle gusta del. Escoitáronse cousas como: gústame xogar contigo, debuxas xenial, encántame cando compartes os xoguetes, eres moi divertido...
Comprobamos a sensación que viaxa por dentro do noso corazón cando somos amables e nos din cousas bonitas... encantóunos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario