Durante este trimestre, estamos aprendendo un montón de cousas sobre o inverno e o corpo.
Comezamos lendo o conto "Ovelliña dame la", a través do que descubrimos as prendas propias da estación na que estamos e as principais partes do corpo... despois de escoitalo tocamos la, construímos a letra O e fixemos unha ovelliña.
Como neses días, aínda non chegara a neve a Palas, nós fixémola con espuma, non nos pode gustar máis esta actividade!! Pasámolo xenial á vez que traballamos a motricidade fina e o trazo.
Na nosa visita semanal á biblio agardábanos Carapuchiña, pero nun conto algo distinto... pedídelle aos peques que vos conten en que estación estaban e onde se atopaba o lobo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario