Nos primeiros días de cole, creamos a nosa mascota da aula. Para isto, organizámonos en parellas e cada unha debuxou o animal que lle gustaría ter como mascota, todo un reto poñerse de acordo, escoitar ao outro ...todo un traballo en equipo!
Pero só un
podía ser a nosa mascota, así que fixemos unha votación e o debuxo
gañador foi o do can.
Unha vez elexido tiñamos que poñerlle un nome, de todos os nomes propostos gustábannos Pepito e Unicornio, unha nena propuxo: "Que tal se lle chamamos Pepito de nome e Unicornio de apelido?"
Encantoulles a idea, así que... presentámosvos a PEPITO UNICORNIO.
Con él comeza o primeiro proxecto do curso: As mascotas.
Non perdades ollo dos debuxos tan chulos que fixeron as parellas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario