lunes, 16 de marzo de 2020

Xogamos con envases de iogur


Toca gardar envases de iogur 🥛.
1. Unha vez ben lavadiños podedes construír torres, camiños...imaxinación🔝!
2. Tendo un número diante (podedes darllo escrito nun papel, recortado do Xornal,...) colocar tantos vasiños como indique o número.
3. Agrupar por sabores, cores, ou incluso forma (se tedes envases distintos)
4. Debuxar os grupos de envases. Por exemplo, dous verdes, un vermello. ⚠️🖍É moi importante que cada nena ou neno elixa a forma de representarlo, pois dependerá da súa etapa do debuxo...algúns farano con círculos, outros con raias, con garabato...todo está ben. Valorádeo positivo! 
.
Podédeslle axudar no conteo se é preciso, sempre con calma...están aprendendo 👩🏼‍🏫😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario