martes, 4 de junio de 2019

Aprender a pensar

Un dos xeitos de traballar as emocións durante este curso foi a arte. Nesta ocasión empregamos está imaxe da India, e describímola cos cinco sentidos...
Estas son algunhas das súas respostas:
👃🏼A que ule? A mar, a flores, a colonia,...
👂🏽Que se escoita? O vento, o silencio, campanillas,...
👄 A que sabe? A chuches, a laranxa, a bombón,...
✋🏾 E se o tocamos, como é? Suave, brandiño, da calor,...
👁 Que ves? Un elefante que vai de festa, un animal máxico con moitas mans, foi cortar leña ca macheta que leva na man para encender o lume, está tocando música porque o que leva na man é unha maraca, a macheta pode ser para cortar as laranxas que leva na cesta, eu creo que son bombóns,...

❣️E por último, como se sinte? En calma, feliz,...

Estas son soamente algunhas respostas, pero o máis importante todas son válidas, todas son respectadas e todas invitan a dialogar e a pensar,...🗣 💭

Despois desta actividade fixemos os nosos propios elefantiños






No hay comentarios:

Publicar un comentario