Pois ben, unha vez sentados todas e todos no corcho comezamos cantando e dando os bos días, continuamos co calendario e o tempo atmosférico e rematamos co debuxo do esquema corporal.
Quen fai todas estas tarefas? Iso indícanolo un gusano no que están colocadas as nosas fotos para ir levando un rexistro e saber a quen lle toca cada día, así seguimos unha orde. A quen lle toque convírtese no encargado ou encargada do día! Toda unha responsabilidade que fan con moito estusiasmo...
Seguide lendo para ver como facemos estas rutinas e algunhas das cousas que aprendemos con elas.
O primeiro que facemos é dar os bos días aos compañeiros e compañeiras, pero non só iso! Tamén nos axuda a ir aprendendo como se escriben os seus nomes, imos interiorizando a dirección da lecto-escritura (seguimos a orde esquerda-dereita e de liña a liña), contamos os que estamos no cole e os da casa (traballamos o conteo e permítenos ir iniciándonos na suma e resta) e, ao igual que no resto de rutinas, favorecemos a atención e escoita.
A continuación, tachamos no calendario o día anterior e rodeamos o día no que estamos, así imos interiorizando os conceptos temporais: onte-hoxe-mañá, os días da semana e os meses. Isto trasladámolo a un panel máis grande no que temos que escoller o día da semana no que nos atopamos e contar...xa o facemos así de ben!
Pero o noso traballo no calendario non remata aquí. Debuxamos no día correspondente o tempo que fai, favorecendo así a observación do entorno que nos rodea e apreciando os cambios que se producen.
Seguidamente, colocamos o debuxo realizado pola encargada ou encargado do día. O esbozo do esquema corporal vai sendo cada vez máis completo, velo aquí reflexado axúdanos a ir engadindo cada vez máis detalles e, algo moi importante, valoramos as producións dos nosos amigos e amigas, sabemos que todas son diferentes e únicas, por iso nos gustan tanto!
Neste debuxo tamén escribimos o nome e imos tomando conciencia das súas letras e sons.
E xa para rematar, falamos un pouco daquelas cousas que nos preocupan, nos interesan ou que simplemente queremos compartir cos demais. En ocacións, a nosa mascota Lucas sérvenos para respectar o turno de palabra, quen ten a Lucas fala e os demais escoitamos con atención...somos todo orellas ;)
Estes días estámolo facendo co Apalpador...
No hay comentarios:
Publicar un comentario