Así de feitiños chegamos ao cole neste Samaín!
Familias, gracias a moreas pola vosa colaboración sempre!
Así de feitiños chegamos ao cole neste Samaín!
Familias, gracias a moreas pola vosa colaboración sempre!
Neste Samaín bailamos, cantamos e contamos!
Na nosa aula preparamos o conto "Monstruosa Sorpresa" e contámosllo aos nenos e ás nenas de 5º de primaria, eles tamén nos contaron historias inventadas por eles mesmos, encantáronnos! Ademais, déronnos unha sorpresa moi doce!
A profe Yovania, trouxonos esta semana un experimento moi máxico para o Samaín!
Dentro duns vasiños en forma de monstro metemos vinagre e bicarbonato e… como medra!
"O noso podio: igualdade, respecto e diversión"
Un representante de cada curso portou o facho ata a pira para dar comezo ao desfile das distintas sedes olímpicas, os máis peques representamos a Atenas
Podedes ver dende aquí máis imaxes.
Neste acto, déronse a coñecer as mascotas olímpicas destes xogos: a vaca Galleira e a queixiña Ulloiña.
Parabéns aos gañadores do concurso e a todos os participantes! Mil gracias pola vosa colaboración!
Podedes escoitar o seu himno dende aquí.
Nestes días de Samaín, aproveitamos para centrar as estacións de aprendizaxe en:
-Mesa sensorial, na que facemos trasvases con distintos útiles que van forzalecer as nosas mans e mellorar a coordinación óculo manual.
-Creación de composicións libres empregando a pinza, adquirimos forza e precisión para un mellor agarre.
-Vocabulario coa nosa profe Luci (especialista en audición e linguaxe)
Para estas estacións de aprendizaxe dividímonos en tres grupos e rotamos de estación ao longo da sesión.



Primeiros retos cooperativos: contruímos estradas.
Para isto, temos que escoitas aos compañeiros, tomar decisións, respectar o turno, compartir, chegar a acordos... fixémolo xenial!