Comezamos o trimestre cun novo proxecto: artesanía.
Aquí nos tedes practicando con papel a técnica da cestería.

Vaia sorpresa nos tiña preparada a profe María José!
Ao chegar o venres ao cole díxonos: imos de paseo por Palas!
E fumos, ata chegar ao parque... canta ilusión nos fixo! Pasámolo xenial!
Franzis contounos que en Suiza celebran a festa da primavera. E, por suposto, nós quixemos festexala así que, puxémonos mans á obra. Pintamos ovos con tintes naturais elaborados por Franzis, Pompón escondeunos polo bosque e... deixounos unha rica recompensa por atopalos.
Coñecemos o Schwarzer Peter, un xogo de cartas tradicional Suizo.
O obxectivo é atopar parellas de cartas intentando que o Pedro Negro non salga.
Como sabedes, a nosa mascota Pompón deu unha volta ao mundo durante este trimestre.
De cada unha das súas viaxes, deixounos de forma máxica algunha sorpresa na aula. Isto, serviunos para coñecer un montón de lugares diferentes, personaxes, paisaxes, monumentos, idiomas, costumes... e sobre todo, a valorar e respectar as diferencias.
Aquí nos tedes, en Exipto un dos últimos lugares que visitou.
Cantamos "Mini farb un dini" na radio. Unha canción que a mamá da nosa compi Izar aprendou na súa escola de Suíza cando era nena.
Franzis ensinounos a canción "mini farb un dini" para poder cantala na radio. Ela aprendeuna cando era pequena no seu cole en Suíza e agora, tócanos a nós. Resultounos un pouquiño difícil porque está noutro idioma pero conseguímolo!
Gracias pola túa calma e por achegarnos o seu significado... con isto seguimos traballando en prol da igualdade, para ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal.
Que pasa se metemos ovos en vinagre?
Se queredes saber a resposta tedes que preguntarlle aos nenos e ás nenas de 5 anos.
Encargarnos de coidar as galiñas serviunos para contar, facer sumas cos ovos que ían poñendo cada día, (bueno, e algunha resta tamén porque algún rompeu... de todo se aprende! jeje) buscamos a equivalencia coas regletas, aprendemos cantos ovos son una ducia... construír aprendizaxes tan significativos con recursos da vida diaria vale o triple!
Medimos, contamos, amasamos, comparamos as figuras xeométricas dos nosos moldes, cociñamos, saboreamos e... invitamos ás profes a un rico biscoito feito con ovos das nosas galiñas.
Ñam! Estaba boísimo!
Durante unha semana deste trimestre, encargámonos de coidar as pitas e ao galo. Levámoslles a comida, recollimos os ovos, sacámolas de paseo... canto nos gustou ser gandeiros!
Para conmemorar o 8M reflexionamos sobre un tema de actualidade: os salarios.
Tras facer o mesmo traballo (recoller os rotus) un neno e unha nena reciben o seu "salario".
O neno ten moooitos caramelo e a nena moi poucos.
Os observadores e observadoras téñeno claro:
-iso non pode ser!
-os dous fixeron un traballo en equipo
-puxéronse de acordo e colaboraron igual
-merecen os mesmos caramelos
Esta chuvia de ideas reflicte que para nós a igualdade é real!
A conversa foi do máis enriquecedora, e os que recolleron os rotus acabaron repartindo os seus caramelos con todos os seus amigos e amigas por ser tan amables con eles... todo levado de xeito espontáneo e autónomo por parte dos nenos e das nenas. Que marabilla velos! Canto temos que aprender os adultos do pensamento tan limpo e puro destes peques.
Descubrimos Matatalab, un novo xeito de programar á vez que traballamos a orientación espacial.
Neste primeiro contacto, movémonos sobre un panel con distintas paisaxes que nos van axudar a coñecer as súas características na nosa viaxe polo mundo.