martes, 28 de noviembre de 2023

Galletas Daveiga

 Grazas a ANPA, coñecimos a fábricas das galletas mariñeiras!

Ademáis de pasalo xenial vimos todo o proceso de elaboración e… bueno, tamén comemos unhas cantas galletiñas! 

domingo, 26 de noviembre de 2023

miércoles, 22 de noviembre de 2023

No bosque

 Gracias a Agustín, pasamos unha xornada no máis interesante no bosque que temos preto do cole. Este obradoiro, enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta", axudounos a observar a nosa contorna e a descubrir moitas das súas curiosidades: o ferreiriño e o seu canto, plantas que curan feridas, paxariños que "petan" nas árbores, chuvias de follas, setas que lanzan "peidos de lobo", froitos, sementes, cores, animaliños agochados... canto aprendemos e, que ben o pasamos!

Gracias, Agustín, por achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e a querer coidalos!

viernes, 17 de noviembre de 2023

Imos á compra

Con lista da compra na man ir mercar é do máis divertido e ademais de profundizar hábitos de cordialidade: saudar, pedir porfavor, ser amables... repasamos conteo, figuras xeométricas e cores.

 

Magosto

 Que ricas estas castañas!

Podedes ver máis imaxes da festa do magosto premendo aquí.




Os elementos naturais

Empregamos a pantalla interactiva para aprender sobre os elementos naturais, tema enmarcado no PDI de centro "Capitán Planeta"


 

Aquí o tedes para seguir aprendendo na casa.


Grabolo

Encántanos xogar con Grabolo! Lanzamos dous dados: un indica a figura e outro a cor.

Quen será o máis rápido en atopalo?

Un xogo estupendo para favorecer a atención e a concentración.


 

Pizarras escritura

 Recoñecemos letras, ampliamos vocabulario, practicamos o trazo... pero para nós soamente estamos xogando!




Proxecto dinos

 Estamos encantando este proxecto. Aquí nos tedes nalgún dos recantos para aprender moitas outras cousas á vez que xogamos cos dinos: crebacabezas, ocadinos, sudoku e minimundo.

Son estas actividades traballamos a orientación espacial, o conteo, lóxica, atención, respectar o turno, creatividade...

Papamedos

 Na semana do Samaín non todo foron sustos. 

Traballamos a emoción do medo a través de tarxetas con situación. Como afrontalo e buscar solucións é algo no que estamos afondando.

Para iso, creamos ao papamedos. Nel metimos os nosos medos para que queden aí e non volvan máis. Funcionará?




sábado, 4 de noviembre de 2023

BINGO!

Aprendemos a xogar ao bingo cun taboeiro de dinosaurios, números e figuras xeométricas. 



Chuvisca

 A lectura dun conto sempre ven acompañada dun montón de aprendizaxes, un fantástico recurso para favorecer a atención, comprensión, imaxinación… 

Con “Chuvisca”, ademáis de pasalo moi divertido porque é un contiño que nos fai rir, profundizamos no recoñecemento das vogais, en conceptos espaciais (a un lado/ao outro; enriba/debaixo), practicamos o trazo lineal e en espiral e… recollimos ideas previas sobre o vento (elemento natural sobre o que trata este trimestre o proxecto de centro)