Todas as mañás, cando entramos no cole realizamos unha serie de rutinas:
-Quitamos a abrigos e poñemos os mandilóns, cada vez de xeito máis autónomo.
-Sentámonos no corcho e miramos a que neno ou nena lle toca ser encargado. Aquí comezan as súas tarefas do día.
-Cantamos a canción dos "bos días" acompañada de ritmo para ir captando a atención.
-Damos os bos días a todos os compis e colocamos o seu nome na caixiña do cole ou da casa. Contamos os que están e os que faltan, a partir de aquí ordenamos a serie numérica e escollemos o número correspondente en función da cantidade de nenos que falten.
-Seguimos, poñendo a data: cantamos os días da semana, marcamos o número.
-Vemos o tempo que fai e a estación na que estamos.
-O encargado ordena as letras do seu nome, contaas e escolle o número.
-Para rematar, debúxase nun folio e escribe o seu nome (nesta actividade imos participando todas e todos para ir adquirindo conciencia fonolóxica)
-Realizamos unha pequena asemblea na que temos que respectar turno de palabra e escoitar aos compis.
-A partir de aquí realizamos algunha actividade grupal manipulativa ou de movemento.