martes, 31 de enero de 2023

Propostas

 Algunhas das propostas vencelladas cos proxectos do inverno e do corpo: 

✂️traspaso de boliñas con “tesoiras”

👀busca de sombra

🔎intruso

📚contos 

🧣asociación prenda roupa con parte do corpo.

🔢conteo







lunes, 30 de enero de 2023

Día da paz

 Conmemoramos o Día da Paz creando un mural conxunto de todas as nenas e os nenos do cole, tras a lectura e reflexión do conto "Wonder". Esta foi a nosa contribución:

O protagonista síntese único... e nós tamén! Así o deixamos reflexado.

Con Wonder, aprendemos a sentirnos únicos e especiais, porque nós non podemos cambiar o noso aspecto. Mais igual, a xente si pode cambiar a súa maneira de ver as cousas.

Toda unha lección de vida e de respecto.

Neste Día da paz tamén xuntamos as nosas mans creando unha "aldea de paz" e bailando a ritmo de Pablo Díaz.

jueves, 26 de enero de 2023

A nosa pegada

  Durante este trimestre, seguimos avanzando no PDI sobre desenvolvemento sostible "A NOSA PEGADA. Sobre isto,  falounos Julia, nai dos noso compi Emile. Ela é climatóloga, explicounos en que consiste o seu traballo e fíxonos reflexionar sobre influencia das nosas accións nas paisaxes. 

Para isto, debuxamos paisaxes, pintamos basura neles e intentamos borralo con goma. Que pasou con esa basura? Para sabelo tedes que preguntarlle aos peques!! Graciñas por vir, Julia. 


domingo, 22 de enero de 2023

De recolleita

 A semana pasada recollimos as nabizas que tiñamos no invernadoiro.

Novo proxecto

 Durante este trimestre, estamos aprendendo un montón de cousas sobre o inverno e o corpo.

Comezamos lendo o conto "Ovelliña dame la", a través do que descubrimos as prendas propias da estación na que estamos e as principais partes do corpo... despois de escoitalo tocamos la, construímos a letra O e fixemos unha ovelliña.

Como neses días, aínda non chegara a neve a Palas, nós fixémola con espuma, non nos pode gustar máis esta actividade!! Pasámolo xenial á vez que traballamos a motricidade fina e o trazo.

Na nosa visita semanal á biblio agardábanos Carapuchiña, pero nun conto algo distinto... pedídelle aos peques que vos conten en que estación estaban e onde se atopaba o lobo!

sábado, 21 de enero de 2023

O frutal

 Descubrimos o xogo do frutal e encántanos!

É un xogo cooperativo no que o obxectivo e recolectar as froitas antes de que o consiga o paxariño.

Un xeito moi divertido de traballar a concentración, a asociación, as cores e, por suposto, o traballo en equipo!



Carballos con botas

 Á volta de vacacións atopamos unha sorpresa enoooorme, dous dos nosos carballos asoman nas nosas botas!

Agora toca seguir coidando moito os demais para conseguir que comecen a xermolar.

Deixámovos algunhas fotiños de antes de vacacións onde estamos sementando as landras.