lunes, 11 de diciembre de 2023

Tic tac

 Achégase o fin de ano e nós xa nos estamos preparando!


Down Lugo

 A asociación Down Lugo achegouse ao cole para facer varios obradoiros e commemorar así o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Reflexionaron sobre a diversidade a través de distintas actividades, o alumnado de infantil a partir do conto "Elmer" e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria cun xogo de preguntas. 

Ademais de pasalo xenial aprendemos un montón!

Obradoiro madeira

Gracias a Gabriel, pai do noso compi Hugo, coñecimos polo miúdo o traballo do carpinteiro. 

Agasallounos con xogos feitos por el, ensinounos ás súas ferramentas e axudámoslle a construír unha árbore de madeira!!

Gracias a moreas por vir! Canta ilusión nos fai recibir ás familias no cole!! 

Mes da ciencia

  Para finalizar o "Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares", compartimos un montón de experimentos, co aire como protagonista.

Encántanos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras e mostrarlles os nosos descubrimientos!! 

Co noso experimento, comprobamos que o aire pesa!

Caseta meteoloróxica

 A última semana de novembro tocounos facer o rexistro meteorolóxico observando todos os aparatos da nosa caseta!

Atopamos restos fósiles

 Convertímonos en paleontólogos e paleontólogas! 

martes, 28 de noviembre de 2023

Galletas Daveiga

 Grazas a ANPA, coñecimos a fábricas das galletas mariñeiras!

Ademáis de pasalo xenial vimos todo o proceso de elaboración e… bueno, tamén comemos unhas cantas galletiñas! 

domingo, 26 de noviembre de 2023

miércoles, 22 de noviembre de 2023

No bosque

 Gracias a Agustín, pasamos unha xornada no máis interesante no bosque que temos preto do cole. Este obradoiro, enmarcado dentro do PDI "Capitán Planeta", axudounos a observar a nosa contorna e a descubrir moitas das súas curiosidades: o ferreiriño e o seu canto, plantas que curan feridas, paxariños que "petan" nas árbores, chuvias de follas, setas que lanzan "peidos de lobo", froitos, sementes, cores, animaliños agochados... canto aprendemos e, que ben o pasamos!

Gracias, Agustín, por achegarnos un pouco máis á maxia dos nosos bosques e a querer coidalos!

viernes, 17 de noviembre de 2023

Imos á compra

Con lista da compra na man ir mercar é do máis divertido e ademais de profundizar hábitos de cordialidade: saudar, pedir porfavor, ser amables... repasamos conteo, figuras xeométricas e cores.

 

Magosto

 Que ricas estas castañas!

Podedes ver máis imaxes da festa do magosto premendo aquí.




Os elementos naturais

Empregamos a pantalla interactiva para aprender sobre os elementos naturais, tema enmarcado no PDI de centro "Capitán Planeta"


 

Aquí o tedes para seguir aprendendo na casa.


Grabolo

Encántanos xogar con Grabolo! Lanzamos dous dados: un indica a figura e outro a cor.

Quen será o máis rápido en atopalo?

Un xogo estupendo para favorecer a atención e a concentración.


 

Pizarras escritura

 Recoñecemos letras, ampliamos vocabulario, practicamos o trazo... pero para nós soamente estamos xogando!




Proxecto dinos

 Estamos encantando este proxecto. Aquí nos tedes nalgún dos recantos para aprender moitas outras cousas á vez que xogamos cos dinos: crebacabezas, ocadinos, sudoku e minimundo.

Son estas actividades traballamos a orientación espacial, o conteo, lóxica, atención, respectar o turno, creatividade...

Papamedos

 Na semana do Samaín non todo foron sustos. 

Traballamos a emoción do medo a través de tarxetas con situación. Como afrontalo e buscar solucións é algo no que estamos afondando.

Para iso, creamos ao papamedos. Nel metimos os nosos medos para que queden aí e non volvan máis. Funcionará?




sábado, 4 de noviembre de 2023

BINGO!

Aprendemos a xogar ao bingo cun taboeiro de dinosaurios, números e figuras xeométricas. 



Chuvisca

 A lectura dun conto sempre ven acompañada dun montón de aprendizaxes, un fantástico recurso para favorecer a atención, comprensión, imaxinación… 

Con “Chuvisca”, ademáis de pasalo moi divertido porque é un contiño que nos fai rir, profundizamos no recoñecemento das vogais, en conceptos espaciais (a un lado/ao outro; enriba/debaixo), practicamos o trazo lineal e en espiral e… recollimos ideas previas sobre o vento (elemento natural sobre o que trata este trimestre o proxecto de centro)








martes, 31 de octubre de 2023

Uuuuu!

 Unha tea verde de fondo e creamos uns croma así de fantásticos...uuuuuhhh!!!

Neste Samaín...

 Debuxar, recortar e pegar... é unha técnica que nos está encantando. Así fixemos estas cabazas tan chulis.

Tamén realizamos un experimento cun globo e un fantasma.

Se queredes probar na casa estes son os pasos a seguir...

Contacontos de meeeedo

Cando veñen as familias ao cole créase un ambiente especial!

Canta ilusión por escoitar esas historias de meeedo que nos tiñan preparadas.

Na nosa aula visitánnos Paula e Antía, grazas a moreas pola vosa participación, non deixades de sorprendernos.

Samaín!

Disfrazámonos, bailamos, superamos o túnel de entrada ao cole e, sobre todo, pasámolo mooooi ben!

Aquí nos tedes, nun decorado fantástico gracias as aportacións das familias, o traballo compartido loce o triple!!! Mirade que chulada!


 

viernes, 27 de octubre de 2023

GRACIAS!!

Familias, sodes moi xenias!!

Mil grazas pola participación e polas creacións tan estupendas que realizastes!!

En breve subirei fotos da exposición, asegúrovos que quedou fenomenal! De momento, vai un adianto de caras cheas de ilusión! 


martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas

 Este ano conmemorámolo día das bibliotecas creando cómics.

Hoxe, baixamos a biblio para ler os cómics creados polos nosos compis e aproveitamos para mirar un montón de cómics cos nosos amigos máis pequenos do cole.


Lince

 Aprendemos a xogar ao lince!

Lanzamos a ruleta e… temos que atopar moooi rápido no panel o que marca.

Un xeito moi divertido de traballar a atención e o vocabulario do outono. 



Animais vertebrados

 Nestes días, aprendimos que os dinosaurios son animais vertebrados así que estuvimos clasificando os animais que coñecemos hoxe en día e construímos frases cos pictogramas.

miércoles, 18 de octubre de 2023

Castiñeiro

 Temos unha árbore nova na aula!! 

Cando dará castañas?



Día das bibliotecas

 Achégase o Día das Bibliotecas, algo andamos preparando…



Día das escritoras

 Celebramos o Día das Escritoras na nosa biblio!

Na nosa aula, decoramos a foto de Ana Meilán… estes días estamos lendo un montón de contos desta escritora. Encántanos! 

Landras

 No cole estamos facendo unha exposición dos froitos do outono. Á nosa aula tocoulle LANDRAS, así que a semana pasada, recollimos un montón no bosque, deixámolas na súa cesta e puxémoslles o nome. 

domingo, 1 de octubre de 2023

Recanto ordenador

Este curso introducimos o recanto do ordenador, nesta semana escribimos os nosos nomes.



Invernadoiro

 Sementamos nabos  no noso invernadoiro!

Cantas receitas se nos ocorren! 





Os números

Xogamos cos números por parellas. Un colócase no número e a súa parella  busca a cantidade correrspondente... un xeito divertido de traballar a asociación número-cantidade.



Cousas do outono

 Chegou o outono, así que profundizamos sobre as características da estación, aprendizaxes que nos dan pé a traballar outras moitas cousas. Mirade, mirade...

Empregamos as tarxetas de vocabulario para clasificar as palabras segundo a súa categoría: animais, prendas de vestir, froitos, festas... Por último, realizamos xogos de memoria e atención: 

-Miramos as tres tarxetas, dámoslles a volta e temos que recordar que imaxes contiñan.

-Colocamos tres ou catro imaxes, memorizámolas, cerramos os ollos, a profe fai algún cambio e canto abrimos os ollos temos que aberiguar que foi o que cambiou.

 

Xogamos ao intruso na pantalla dixital, que imaxe é a que non corresponde co outono?


Realizamos trazos en forma de montaña coas cores do outono, posteriormente lazamos o dado e debuxamos nos camiños a forma que nos saíu, para finaliar pegamos un esquío na lámina.



Nos primeiros días de cole...

Temos listos os nosos manteis para as merendas. 

Para elaboralos poñemos en practica o trazo vertical e horizontal, sáenos xenial! 

Tamén creamos uns identificadores dos nosos percheiros con acuarelas, encántannos!




 

sábado, 23 de septiembre de 2023

El pez arcoíris

Esta semana estivemos traballando un montón a partir da lectura do conto “El pez arcoíris”, como por exemplo:



-O trazo ondulado e as cores para conseguir debuxar as escamas dos peixes.


-O conteo e asociación número/cantidade, poñendo na mesa de luz tantas burbullas como indicaba o número. Isto serviunos para recordar a figura do círculo e a realización de series de dous elementos.


-Dende a pantalla dixital realizamos actividades de comprensión do conto, lectura de imaxes, así como un diálogo sobre a xenerosidade (tema principal do conto)

-Tamén falamos sobre os animais mariños e as súas características.

-Escribimos a palabra PEIXE. 

-Aprendemos a escoitar, respectar o turno de palabra…

Deixovos aquí un vídeo do conto: