domingo, 31 de octubre de 2021

A mascota da bruxa

 Que ben o pasamos neste Samaín!

Setas

É tempo de outono e medran as setas.

Grazas a moreas ás familias pola vosa colaboración.

Así de chula quedou a nosa exposición.

Ruperta

 O venres, tocoulle o turno a Vanesa que nos contou un conto inventado en familia. Leva por título Ruperta... de seguro coñecedes aos protagonistas!

Graciñas por vir!

Encantounos!







Corre, corre cabaciña

 Neste Samaín, Aitana veu á aula para contarnos un dos nosos contos preferidos: Corre, corre cabaciña.

Canto nos gustou oírte! Mil grazas por vir!!

martes, 26 de octubre de 2021

Ana Meilán

 Primeiro, fíxonos descubrir as “Chaves dos soños” e hoxe, levounos de viaxe! Unha viaxe cargadiña de historias!!

Graciñas Ana, por compartir con nós a túa maleta! Encantounos!


viernes, 22 de octubre de 2021

Creamos

 Creamos en parellas para construír estas casiñas… pouco a pouco, imos tomando conciencia da importancia de ter en conta aos demais na toma de decisións nos traballos en equipo. 


📚Inspirounos a portada dun libro que nos encanta e… a vindeira semana recibiremos no cole a visita da súa autora, sabedes de que conto se trata?



🔎Pista: algo ten que ver cos soños.


Formamos palabras

 Ordenamos as letras que atopamos dentro das caixas para formar a palabra  correspondente.



Esta semana fixémolo en grupo con pipas e froitos de outono. 

viernes, 15 de octubre de 2021

Caracol caracoleiro

 É tempo de outono e con el aparecen os caracois, aproveitamos a ocasión para observalos, realizar o trazo de espiral da súa cuncha e... para aprender unha canción que grabamos na radio, aquí a deixamos para que a desfrutedes, a presentación é totalmente espontánea... xa somos grandes locutores!!

Este é o noso caracol Cornos de Sol

Na radio grabando a canción


Palas é camiño

 


Comezamos unha nova aventura que nos acompañará durante todo o curso 2021/2022. 
Trátase dun Proxecto Documental Integrado do que imos ser partícipes todas e todos os membros da comunidade educativa do cole. Este Proxecto ten por nome "Palas é Camiño", pouco a pouco iredes descubrindo un montón de cousas sobre o mesmo... pero por agora... quen mellor para presentalo que a mascota da nosa Biblio!!! Cóntanos Daia...


 

Compartimos con vós esta canción de Kókiti Música sobre o camiño que aos peques do cole lles encanta... Aprendémola todos?


 

Inventamos problemas

 Hai un problema? Nós temos a solución!

Nestes días iniciámonos na súa resolución inventando historias, despois desmenuzámolas, collemos os elementos necesarios e resolvemos o problema mediante a operación axeitada.


Catro dinosaurios van de paseo, de pronto atópanse cun escorpión. Cantos animais hai en total?



Vocabulario outono

 Seguimos avanzando no recoñecemento de letras e de palabras asociadas á estación, nesta ocasión empregamos o beebot para levalo da imaxe á palabra.

Composteiro

 Durante este curso seguiremos participando no proxecto de Voz Natura e estreamos composteiro, se aínda non sabes en que consiste, non hai problema! Olla este documento e aprenderás todo o que necesitas para poñer en marcha un composteiro.

No cole xa temos un!


 


Grafo

Lanzamos os dados e realizamos o trazo que nos indica o dado fixándonos tamén na cor.




lunes, 11 de octubre de 2021

Macedonia

 Do interese inicial de facer unha macedonia xurdiu unha actividade estupenda para traballar un montón de aspectos:

-Traballo en equipo e toma de decisións.

-Lóxico-matemática: conteo, reparto,...

-Saída á feira. O paseo ata alí serviunos para profundizar sobre normas de seguridade na rúa (pasos de peón,...)  vocabulario relativo ás tendas (librería, carnicería...) e servizos (correos, albergue...)

-Normas de cortesía: falamos coa veciñanza, peregríns... 

-Psicomotricidade fina: tivemos que picar moi moi miudiña a froita.

-Hábitos de hixiene e alimentación saudables.

-Lecto-escritura: elaborando a receita da macedonia.


Sen dúbida, unha actividade do máis completa chea de motivación e interese.

P.E.L.O.


 Este curso, a profe María continúa vindo á nosa aula unha sesión á semana para realizar o Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (P.E.L.O.)

Canto aprendemos e que ben o pasamos!

Sementamos

Sementamos os nabos!




Vocabulario de outono

 Profundizamos no vocabulacio propio da estación a empregando o beebot, as letras móbiles tamén nos serviron para avanzar na aproximación á lectoescritura.





Nova mascota

 Nos primeiros días de cole, creamos a nosa mascota da aula. Para isto, organizámonos en parellas e cada unha debuxou o animal que lle gustaría ter como mascota, todo un reto poñerse de acordo, escoitar ao outro ...todo un traballo en equipo!

Pero só un podía ser a nosa mascota, así que fixemos unha votación e o debuxo gañador foi o do can.
Unha vez elexido tiñamos que poñerlle un nome, de todos os nomes propostos gustábannos Pepito e Unicornio, unha nena propuxo: "Que tal se lle chamamos Pepito de nome e Unicornio de apelido?"

Encantoulles a idea, así que... presentámosvos a PEPITO UNICORNIO.



 

Con él comeza o primeiro proxecto do curso: As mascotas.

Non perdades ollo dos debuxos tan chulos que fixeron as parellas!!!

O conto da fada

 Nos primerios días de cole, empregamos o Xogo de crear historias con Quirón da fundación Meniños para crear un conto a partir de elementos escollidos ao azar e a resolución dun conflito.

Animádevos a probar na casa!

Esta foi a nosa historia, a partir dos elementos: nena, fada e pozo. O conflito que tiña que aparecer era: rabuñar.

"O conto da fada"

Érase unha vez unha nena chamada Nerea. Un día foi de paseo a un bosque e atopou un pozo.

O pozo era dos desexos, Nerea lanzou unha moeda dentro e desexou que aparecese unha fada.

Cando a fada apareceu, pediulle unhas ás máxicas que lle permitisen voar a un lugar máxico onde poder bañarse entre chuches e chocolate. A fada cumpriulle o desexo.

Estaba Nerea bañándose nunha taza xigante de chocolate cando apareceu un gato xigante e a rabuñou e escapou correndo. 

De súpeto, apareceu a fada e púxolle polvos máxicos a Nerea para curarlle a ferida. Foron buscar ao gato para que lle pediran perdón. Entón, fixeron un trato: compartir a taza de chocolate e bañarse xuntos mentras xogaban á pelota. 




Xirasol

 Vaia sorpresa cando atopamos taaaaan alto o xirasol que sementamos o curso pasado!

Serviunos para traballar a motricidade fina quitándolle as súas pipas, para facer a secuencia temporal e para escribir novas palabras.

Comeza o baile

 Comeza o novo  curso!

Que ganiñas tiñamos de vernos!