jueves, 26 de marzo de 2020

lunes, 23 de marzo de 2020

Facemos maracas

Comezamos a semana con reciclaxe, creatividade, coordinación, precisión, atención e música!♻️🎨🤲🏽👁🦻🏼🧠🎼
Mentras non xuntades varios rollos de papel podedes praticar a encher diferentes recipientes con utensilios que teñades na cociña, axudaranos a mellorar a coordinación óculo-manual e a concentración 😉

domingo, 22 de marzo de 2020

Tarde de museo

🖼A profe Livi, deixounos na web do cole un montón de ideas para seguir avanzando no proxecto de Velázquez.
Unha das propostas é realizar unha versión das Meninas, animádevos!!
Se entrades da web do Museo do Prado, poderedes ver as obras que teñen expostas...un plan perfecto para a tarde de domingo!




martes, 17 de marzo de 2020

Debuxamos?

Debuxando...onte seguín un paso a paso con @leandrinholamas e este foi o resultado.🙃😜
Que vos parece se facedes vós un debuxo libre e autónomo??.
Facédelle unha foto e enviádemo, estarei encantada de miralos!!!👀🖍

Kalandraka tv

Entrade na web de Kalandraka.tv e escoitaredes algúns dos contiños que tanto nos gustan.


Plastilina caseira

Ímos á cociña!!👩🏼‍🍳 Deixovos unha receita para facer plastilina. Xogar a modelar é un xeito moi divertido de seguir gañando forza e destreza nas nosas mans!

lunes, 16 de marzo de 2020

Ioga

Todos os días temos na aula un momento de relaxación, deixovos un canal de YouTube para que vos animedes co ioga

Xogamos con envases de iogur


Toca gardar envases de iogur 🥛.
1. Unha vez ben lavadiños podedes construír torres, camiños...imaxinación🔝!
2. Tendo un número diante (podedes darllo escrito nun papel, recortado do Xornal,...) colocar tantos vasiños como indique o número.
3. Agrupar por sabores, cores, ou incluso forma (se tedes envases distintos)
4. Debuxar os grupos de envases. Por exemplo, dous verdes, un vermello. ⚠️🖍É moi importante que cada nena ou neno elixa a forma de representarlo, pois dependerá da súa etapa do debuxo...algúns farano con círculos, outros con raias, con garabato...todo está ben. Valorádeo positivo! 
.
Podédeslle axudar no conteo se é preciso, sempre con calma...están aprendendo 👩🏼‍🏫😉

domingo, 15 de marzo de 2020

Xogamos con calcetíns

1. Busca calcetíns pola casa e mestúraos.
2.Busca parellas iguais, favorecendo así a percepción visual e a atención.
3. Lávaos frotando ben! Con auga e xabón a diversión está asegurada!
4. Cólgaos con pinzas...Imos gañar forza nos dedos á vez que traballamos a coordinación óculo-manual.

Un pouco de música

Uxía Lambona e a banda 😎 

sábado, 14 de marzo de 2020

Recomendacións

Ante a suspensión de actividade lectiva polo COVID_19, deixovos este listado de recomendacións para facer cos peques na casa
Tamén subirei diariamente algúns recursos a instagram e a telegram