martes, 24 de diciembre de 2019
Un día de cine
Un día do máis emocionante...a nosa primeira saída xuntos! Ledicia, ilusión, sorpresa, as nosas caras dino todo. Xa queremos volver repetir!!!
E así, comezaba a viaxe...
Segue lendo para ver máis imaxes!
E así, comezaba a viaxe...
Segue lendo para ver máis imaxes!
viernes, 6 de diciembre de 2019
Os nosos dereitos
Creamos esta persoa con material da aula para traballar as partes do corpo.
A nós a palabra constitución aínda nos resulta un pouco complicada pero o que si sabemos e que esta persoa ten que xogar, ir ao cole, vivir nunha casa...
A nós a palabra constitución aínda nos resulta un pouco complicada pero o que si sabemos e que esta persoa ten que xogar, ir ao cole, vivir nunha casa...
viernes, 29 de noviembre de 2019
miércoles, 27 de noviembre de 2019
#asbravasdepalas
Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.
O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.
Non podemos estar máis agradecidos!!
jueves, 14 de noviembre de 2019
Bee-bot
Damos os nosos primeiros pasos na robótica. Con esta abelliña, ademáis de aprender a programar, traballamos moitos aspectos como poden ser a direccionalidade, a memoria, o conteo ou, no xogo de hoxe, os froitos do outono
Programa estimulación da linguaxe oral
Cada xoves, a profe María ven a nosa aula para facer con nós un montón de xogos para traballar a comprensión e producción lingüística
Hoxe pasámolo así de ben!!!
Hoxe pasámolo así de ben!!!
sábado, 9 de noviembre de 2019
Servizo de préstamo da biblioteca escolar
Todos os venres realizarémolo préstamo da biblio para poder levar a casa un conto...gústanos un montón escoitalos!! Esta semana tivemos sorpresa e léronos o conto os nenos e as nenas de quinto!So hai que mirar as nosas caras para ver que nos encantou!!
jueves, 7 de noviembre de 2019
Dado
Todos os días facemos algún xogo manipulativo para traballar distintos contidos. Neste caso, lanzámolo dado dúas veces: a primeira tirada para saber o número de castañas que collemos (1 ou 2) e a segunda indícanos a cor na que temos que colocala.
viernes, 1 de noviembre de 2019
Día das bibliotecas
Neste día, cada nena e neno do cole elaborou unha pluma para completar estas ás. A nós encántannos os contos, ahí vai un que estivemos vendo estes días!
Quen gañará a carreira?
Neste xogo imos sacando ao chou tarxetas de cores dunha caixa, avanza un paso o animal que se atope no camiño desa mesma cor. Cal será o máis rápido?
Como te sintes?
Para poder identificar como nos sentimos é importante recoñecer as nosas emocións, esta vez fixémolo a través do diálogo e de imaxes. E ti, como te sintes?
As cores
Un dos xogos que realizamos para aprender as cores é clasificalos en bandexas, o que despois nos serviu para traballar o conteo e conceptos como "moitos", "poucos"
Con forza!
Cada vez nos gusta facer máis cousas sós. Por iso, traballamos para adquirir máis forza nos nosos dedos. Esta vez tocou rasgar, facer boliñas e abrir tapóns.
Mates otoñais
Nunha das saídas que fixemos ao bosque do cole recollimos follas e froitos do outono que nos serviron para contar, facer correspondencias, contar, clasificar,..as mates están por todos lados!
O Polo Pepe
Este poliño acompañounos os primeiros días de cole! Cantamos, pintamos, pensamos, amasamos e divertímonos con el!
jueves, 19 de septiembre de 2019
lunes, 22 de julio de 2019
lunes, 24 de junio de 2019
Continuará...
Ata aquí a nosa historia compartindo aula. Pero, sexa onde sexa, esta historia continuará...porque a unión que conseguimos xa non se pode romper xamais!
Querémosvos!!
Querémosvos!!
Carmen e Pablo
Desexámoslles as mellores das sortes no novo cole as nosos amigos!! Cantas historias gardamos para lembrar con eles!
Esperamos unha visita pronto á volta das vacacións!
martes, 4 de junio de 2019
Aprender a pensar
Un dos xeitos de traballar as emocións durante este curso foi a arte. Nesta ocasión empregamos está imaxe da India, e describímola cos cinco sentidos...
Estas son algunhas das súas respostas:
👃🏼A que ule? A mar, a flores, a colonia,...
👂🏽Que se escoita? O vento, o silencio, campanillas,...
👄 A que sabe? A chuches, a laranxa, a bombón,...
✋🏾 E se o tocamos, como é? Suave, brandiño, da calor,...
👁 Que ves? Un elefante que vai de festa, un animal máxico con moitas mans, foi cortar leña ca macheta que leva na man para encender o lume, está tocando música porque o que leva na man é unha maraca, a macheta pode ser para cortar as laranxas que leva na cesta, eu creo que son bombóns,...
❣️E por último, como se sinte? En calma, feliz,...
Estas son soamente algunhas respostas, pero o máis importante todas son válidas, todas son respectadas e todas invitan a dialogar e a pensar,...🗣 💭
Despois desta actividade fixemos os nosos propios elefantiños

Suscribirse a:
Entradas (Atom)