Todas as mañás realizamos unha serie de "rutinas de entrada" que nos ofrecen estabilidade e unha referencia, ademais de moitas outras aprendizaxes. A primeira delas xa a
vimos aquí.
Pois ben, unha vez sentados todas e todos no corcho comezamos cantando e dando os bos días, continuamos co calendario e o tempo atmosférico e rematamos co debuxo do esquema corporal.
Quen fai todas estas tarefas? Iso indícanolo un gusano no que están colocadas as nosas fotos para ir levando un rexistro e saber a quen lle toca cada día, así seguimos unha orde. A quen lle toque convírtese no encargado ou encargada do día! Toda unha responsabilidade que fan con moito estusiasmo...
Seguide lendo para ver como facemos estas rutinas e algunhas das cousas que aprendemos con elas.