domingo, 29 de junio de 2025

Boas vacacións!

Ilusión, complicidade, amizade, aprendizaxe, sorpresa, amabilidade, respecto, madurez, curiosidade, tenrura, ledicia... todas palabras que vos definen e que me fan sentir tremendamente orgullosa de vós!

Que tempo tan fermoso este que compartín ao voso carón!

 



 

Como non podía faltar, deixovos aquí o último podcast deste curso! 

sábado, 21 de junio de 2025

domingo, 15 de junio de 2025

Amizade

Algo se alegra na alma cando un amigo nos visita!

" Ei, Roci! Sácanos unhas fotos así xuntando os pés e as mans, subes a unha silla e así salimos todos"

Cumples

Parabéns a todos os peques que cumpren anos nestre trimestre!

Para celebralo compartiromos  unha tarta e merenda cos nosos compis de infantil, despois de axudar ao Marciano Rano a través dun xogo de pistas.

 

Graduación

 Levamos pouquiño tempo no cole, pero xa gardamos moitos bos momentos compartidos!

Tócanos cambiar de etapa e seguir voando! 

Gracias por compartir este día tan fermoso con nós. 

Feira multicultural e Palas Visión

Xa case rematado este curso, facemos mostra do aprendido no PDI "Somos diversidade" cunha Feira Multicultural. Gastromonía, linguas, roupas, paisaxes, artesanía, xogos, tradicións... e moitas cousas máis, puidemos contemplar na caseta de cada país.

Gracias a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e participación e mooooitos parabéns ao noso alumnado que demostrou o moito que investigaron e traballaron ao longo deste curso.

 

Rematamos a xornada co festival "Palas Visión" que arrancou os aplausos de todos os asistentes. Canto ritmo teñen os nosos nenos e nenas! Xenial!


 

domingo, 8 de junio de 2025

Modelando

 Coñecemos a cerámica e probamos a crear uns colgantes e imáns con pasta de modelar. Preciosos!

Na praia

 Vaia día máis estupendo pasamos todo o cole... despois dun paseo en catamarán con vista submarina e degustación de mexillóns, visitamos Cambados para coñecer o traballo das mariscadoras, da lonxa e das redeiras.

Deseguido, trasladámonos a Vilanova de Arousa para pasar unha tarde de praia con moito xogo, caiac, mar e area.

Sen dúbida, unha experiencia fantástica!


Maios

Que día tan xenial!

 Este curso, chegamos a pé ata Coence para crear o maio, xogar, bailar e xantar.

Grazas a toda a comunidade educativa que de algún xeito contribuistes, co voso traballo e esforzo, a que esta xornada saise todo estupendo!

En especial a Suso e Manuela por cedernos por un tempo o uso deste fermoso  lugar.

Circuíto

 Que ben o pasamos no circuito de educación viaria!