viernes, 23 de mayo de 2025

Tecendo

 Franzis deixounos unha rueca que xa usaba súa nai para fiar a la e poder tecela. 

Encantounos vela e seguir coñecendo o proceso artesanal tecido.




Pintamos con remolacha

Recollimos as remolachas que tiñamos no invernadoiro e levámolas para comer na casa. Outras deixámolas no comedor para completar a ensalada e con unha fixemos pintura! Sí, sí pintura… mirade!

viernes, 16 de mayo de 2025

Xoias

 Cando xuntas paixón e creatividade algo máxico acontece… algo que se contaxia. E así o vivimos hoxe con Franzis e Jose, pais da nosa compi Izar, que nos mostraron parte do seu traballo na elaboración de xoias, a importancia dos materias e o valor dos símbolos que empregan.

Gracias por vir, quedamos fascinados! 

lunes, 12 de mayo de 2025

Obradoiro cantareiras

 Comezamos a semana das Letras Galegas cun Obradoiro no que nos convertimos en cantareiros e cantareiras, a quen se lle adica este 17 de maio.

Serviunos tamén para coñecer instrumentos tradicionais feitos artesanalmente. 


miércoles, 7 de mayo de 2025

Cunqueiro

 Visitamos o obradoiro se Hussein, o cunqueiro de Palas. 

Ensinounos en que consiste o seu traballo e as ferramentas que emprega, encantounos!!

Ademáis, regalounos unhas peonzas feitas por el.

Gracias a moreas 

viernes, 2 de mayo de 2025