viernes, 14 de febrero de 2025

Roi

 Hoxe, 14 de febreiro, é o día do amor, da amizade… e a nós tocounos vivilo despedindo ao noso amigo Roi, porque vai para outro cole.

Sentimos moita pena porque non imos ver todos os días ao noso amigo, pero os nosos corazóns quedan cargadiños de recordos e, de seguro, algunha aventura máis nos agarda xunto a el!

Aquí os tedes, pedíndome facer unha “ronda de abrazos”… algo que se está a convertir nunha rutina cando é un día especial para alguén, e hoxe, sen dúbida tiñamos que adicarllo a Roi! 




domingo, 2 de febrero de 2025

Rusia

 Pompón escribiunos unha postal dende Moscú e deixounos unhas matrioskas, que aproveitamos para decorar con trazos creativos, o que nos vai axudar a seguir avanzando no control e direccionalidade das letras minúsculas. 

Aproveitando esta visita de Pompón a Rusia falamos sobre a paz, as guerras, como solucionamos nós os conflitos, a importancia de tratar ben aos demais…

Ai! Canto nos axuda Pompón!