lunes, 27 de enero de 2025

Caixa de sons

 

Seguimos avanzando na conciencia fonolóxica empregando a caixa de sons. Hoxe, collemos un obxecto e gardámolo no caixóns que ten a súa primeira letra. 

viernes, 24 de enero de 2025

Baile tradicional

Achegámonos a nosa cultura a través do baile tradicional.

Muiñeiras, xogos cantados e bailados soaron nun obradoiro organizado pola ANPA.

Moitas grazas!

Desfrutamos un montón!

lunes, 20 de enero de 2025

En París

 Neste trimestre imos dar a volta al mundo.

Quen nos vai axudar? Pois a nosa mascota Pompón!

Foise de viaxe polos continentes e vainos contando onde se atopa, deixándonos algunha pista sobre o lugar dentro dunha caixa.

Así que hoxe… merendamos no río Sena!




lunes, 13 de enero de 2025

No galiñeiro

Dentro do Plan Proxecta "Mestres Gandeiros", iniciámonos no coidado de galiñas.

Xa están instaladas no bosque do cole, encántalles o seu novo fogar. 


miércoles, 8 de enero de 2025

Feliz 2025

 

 

Comezamos o ano  cunha tarefa en equipo, creando os números do novo ano.

Cada grupo decidiu o material que ía empregar e a construír!