jueves, 31 de octubre de 2024

Quen dixo medo?

Uhhhhh!
 

Personaxes do Samaín

Estamos coñecendo polo miúdo a un ser fantástico: as bruxas ou meigas.

Nestes días de Samaín, aproveitamos para ambientar a aula, creando uns banderíns con outros seres amigos das bruxas.






Contacontos Samaín

-Se nos gustan os contos?

-Claro!

-Que temos aos mellores contadores e contadoras do mundo no noso cole?

-Por suposto! Para nós, insuperables.

 

Canto de especial teñen as historias contadas polas nosas familias!

Gracias a moreas a todas as que vos achegastes neste Samaín, facédesnos moi felices!

Moitas gracias tamén por axudarnos a ambientar este día con disfraces, decoración...

viernes, 25 de octubre de 2024

Presentación proxecto de centro

 Conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares enchendo a nosa biblio de diferentes culturas e tradicións.

Familias de diversas nacionalidades explicáronnos aqueles aspectos máis relevantes do seu lugar de orixe, sendo o punto de partida do Proxecto Anual de Centro "Somos Diversidade". Ensináronnos moitas curiosidades e motiváronnos un montón, agora tócanos a nós seguir investigando!

Polo momento, a mamá da nosa compi Izar contounos varias cousas que aínda non sabiamos de Suíza. Que ganas de aprender máis!

Non podemos estar máis agradecidos ás familias participantes pola súa implicación, fixéstesnos pasar unha xornada súper especial!

Gracias, grazie, multumesc, thank you, شكرًا لكshkran lak!

martes, 22 de octubre de 2024

Mansión da bruxa

Esta semana imos coñecer un pouco máis, un novo ser fantástico: As Bruxas!

Por equipos, construímos varios castelos para unilos e crear unha masión para bruxas, e ata lle puxemos luz! Si, si! Luz! Fixémolo conectando un circuíto eléctrico moi sinxelo.

Toda esta tarefa foi en equipo así que tivemos que chegar a acordos, escoitar aos demais, respectar o seu traballo e opinións.

lunes, 21 de octubre de 2024

Peóns

 Estes días estamos practicando moooito para participar no Campionato de peóns do cole! 




sábado, 19 de octubre de 2024

Cousas de outono

Estación de aprendizaxe de outono nas que imos rotando ao pongo dunha sesión: 

-Programamos o robot para movelo sobre vocabulario do outono.

-Traballamos orientación espacial con elementos propios da estación.

-Ruleta de outono para favorecer a observación, atención e vocabulario.

-Desenvolvemos motricidade fina modelando con plastilina gotas de chuvia, púas do ourizo…





Trazo

 Antes de trazar no papel construimos manipulativente. 

Neste caso, facemos almenas con palillos por parellas.

lunes, 14 de octubre de 2024

Barri

Hoxe, coñecimos a Barri, un San Bernardo chegado dende os Alpes. Sara e a súa mamá contáronnos que este tipo de cans axudan aos montañeiros que se atopan perdidos ou que teñen algún problema na montaña, incluso lles axudan a combatir o frío cunha bebida quente, gárdana no barril que levan ao pescozo!


miércoles, 9 de octubre de 2024

Proxecto de centro

 Este curso, o proxecto de centro leva por título “Somos diversidade”. Cada aula do cole centrarase nun país distinto. 

Onte, sabíamos que na nosa aula tiñamos averiguar de onde é unha bandeira vermella cunha cruz branca. Despois de investigar moooito, descubrimos que imos coñecer Suiza!! 

Conteo

 Velaquí dous xogos que nos axudan a asociar o número á cantidade e no conteo. 

-En parella ou en dous grupos. Repartimos cartas sobre a mesa con números do 1 ao 6, por turnos imos lanzando o dado, contamos os puntiños, escollemos a carta que teña o número correspondente e metémola na caixa. O primeiro que quede sen cartas gaña.


-Construímos edificios. Miramos o número e facemos o edificio contando os policubos.



martes, 1 de octubre de 2024

Pompón

 E xa a temos aquí!

Presentámosvos a nosa mascota de aula: O coello Pompón! 




Que tempo fai hoxe?

 Rematou o mes de setembro e tocou facer o cálculo do tempo que fixo: contamos, comparamos, asociamos…


Buscamos en equipo

 Para profundizar no recoñecemento das figuras xeométricas fixemos catro equipos, cada un encargouse de buscar cousas na aula coa forma correspondente. 

Antes de comezar cada equipo tivo que poñer en común como buscar, como organizarse… chegar a acordos para que todo o equipo participe e se sinta a gusto. 

Conciencia fonolóxica

 A conciencia fonolóxica é a base para aprender a ler e escribir, esta habilidade axúdanos a recoñecer e usar sons.

Nestes días, traballámola con este xogo… lanzamos o dado, contamos tantas casillas como marca, miramos a letra que nos tocou, pronunciamos o seu son e buscamos un debuxo no panel que empece por ese son. 





Estacións de aprendizaxe

 Nestas estacións de aprendizaxe formamos catro equipos, cada un deles estará entre dez e quince minutos nunha actividade concreta, para ir rotando ata que pasen por todas.

Estas actividades teñen propostas de diverso tipo. A semana pasada fixemos:

-Creación de series de tres elementos

-Crebacabezas

-Escritura / composición dos nomes con letras móbiles

-Debuxo libre