martes, 30 de enero de 2024

Corremos por ELA

 Que día tan emotivo e bonito o de hoxe!!! 

Grazas a todas as familias pola colaboración e participación nesta carreira solidaria, a favor da Asociación Agaela.

E, por suposto, grazas a moreas a Rosa e a súa familia por acompañarnos!

Sen dúbida, un día da paz que non esqueceremos e tal e como di a canción...xuntos  conseguimos "cambiar o mundo nun plisplás"



Podedes ver máis imaxes pretendo aquí 

Folio xiratorio

 Poñemos en práctica a técnica de traballo cooperativo: folio xiratorio para pintar o símbolo da paz.

Un membro do equipo pinta ata escoitar unha sinal acústica, mentras os demais agardan o seu turno, cando remata o tempo pásalle o folio ao compi que ten ao lado, de xeito que o folio vai xirando para que todos completen o debuxo.

Fixémolo xenial!! 


Paciencia

 Temos lista a nosa palabra para o mural de centro sobre a paz: PACIENCIA 



miércoles, 24 de enero de 2024

Pinturas rupestres

Que estaremos preparando con estas pinturas rupestres?

Instrumento prehistórico

 Hoxe, a mamá da nosa compli  Zeltia sorprendeunos con este instrumento prehistórico. Un corno!!! 

Contounos que o empregaban para chamarse cando estaban lonxe porque… na prehistoria non tiñan teléfono!


viernes, 19 de enero de 2024

Marionetas

 Creamos marionetas con persoas da prehistoria, servirannos para establecer diálogos no que teñan que resolver situacións dadas.


jueves, 18 de enero de 2024

Na covas

Hoxe, sacamos fotos no croma e despois fixemos algo de maxia na aplicación Canva elexindo o decorado!!


Aquí nos tedes nas nosas covas.


martes, 16 de enero de 2024

Comezamos proxecto!

 Ao entrar do recreo tiñamos unha carta da nosa mascota Sol, na que nos animaba a investigar sobre a prehistoria. Para ir comenzando, deixounos un libro e roupas desa época.

Estamos emocionados por aprender mais cousas e… bueno, tamén por descubrir como fixo Sol para escribir!!!! 




lunes, 15 de enero de 2024

Neve!!

 Experimentamos con témpera negra e branca sobre azul para conseguir distintos tons claros e escuros!!

E con este frío soamente nos apetecía decorar con NEVE!

domingo, 14 de enero de 2024

Ovelliña dame la

 Canto nos gusta este conto e cantas opcións nos ofrece para serguir aprendendo: vocabulario, lecto-escritura, trazos, robótica, conteo, direccionalidade…







Cosemos

Recibimos o inverno cosendo unhas bufandas… actividade estupenda para traballar a coordinación óculo manual, e a concentración!

Despois recortamoslles uns flecos, e decorámolas lanzando o dado e debuxando tantos círculos como os que indica o dado, empregando cores propios do inverno.

Escribimos colectivamente BUFANDA, e de xeito libre unha palabra vencellada coa estación.


Novo ano!

 Comezamos o ano novo pintando os números do 2024 con acuarela…encántanos!

Aproveitamos para decorar os números con grafismos creativos, e en actividades previas practicamos o trazo dos números e xogamos con cantidades.