Despedimos o 2024 con obradoiro de pintacaras que nos agasallaron tres persoas moi magas! Celebramos os cumples do trimestre, vimos unha peli, bailamos, escoitamos as badaladas e… pasámolo xenial!
viernes, 20 de diciembre de 2024
jueves, 19 de diciembre de 2024
miércoles, 18 de diciembre de 2024
Galletas
Hoxe, puxémonos mans á masa para facer galletas… gustounos moooito comelas e facelas!
Levamos a proba para a casa nunha bolsiña de trasnos!
martes, 17 de diciembre de 2024
Apalpador
No día de hoxe, gracias á Asociación Antonio Gandoy, grandes e pequenos
desfrutamos dunha fermosa historia (contada e cantada) que nos achegou
un pouco máis á figura do Apalpador... Pandingueiro... Apalpa
barriguiñas.
Dende aquí podedes ver máis imaxes.
lunes, 16 de diciembre de 2024
Panxoliñas
Que bonito e emocionante día o de hoxe, xunto ás persoas maiores do Centro de Día e da Residencia!
Nós cantamos con toda a nosa ilusión e eles recibíronnos con todo o seu agarimo.
sábado, 14 de diciembre de 2024
viernes, 13 de diciembre de 2024
Acuario
Vixamos á cidade da Coruña para visitar o acuario.
Estivemos dentro dun submarino, vimos tiburóns, atopamos a Nemos… e moitas cousas máis!
Mirade, mirade!
miércoles, 4 de diciembre de 2024
Glisglis
A mamá da nosa compi Izar, visitounos para contarnos a historia de San Nicolás e glisglis.
Seguindo a tradición Suíza, San Nicolás deixounos na porta da casa de Izar unha merenda para compartir na aula! Que máxico!
Gracias por vir! Encantounos!
martes, 3 de diciembre de 2024
Equipo
Traballamos en equipo para decorar unhas árbores, pensamos, dialogamos, tomamos decisións en equipo e mans á obra. O importante deste tipo de tarefas non é o resultado final, senon o proceso, a resolución de posibles conflitos que poidan xurdir, o respecto polo traballo dos demais…
Seguimos avanzando!
Día internacional das persoas con discapacidade
Durante esta semana, as nosas profes de PT e AL achegaranse ás distintas aulas para profundizar sobre as persoas con discapacidade, os recursos que empregan no seu día a día, os seus soños...
Farano cargadiñas cunha maleta de materias e unha presentacion que nos envían dende o CEE Santa María de Lugo, o que nos facilita poñernos na pel dos rapaces e das rapazas deste centro, coñecendo as súas necesidades e logros.
Moitísimas gracias pola vosa colaboración!
viernes, 29 de noviembre de 2024
martes, 26 de noviembre de 2024
Suiza
Seguimos aprendendo cousiñas sobre Suiza! Hoxe, da man do pai do noso compi Liam, que nos ensinou moitos lugares dunha das súas viaxes. Gracias a moreas por vir!
miércoles, 20 de noviembre de 2024
sábado, 16 de noviembre de 2024
Seres mitolóxicos
Avanzamos no recoñecemento de seres mitolóxicos e fantásticos, empregando estas tarxetas que nos serven para programar o robot e para adiviñar personaxes.
Conto
Os contos sempre son un acerto!
Ás veces lémolos simplemente por placer e tamén para favorecer a atención, escoita, ampliar vocabulario…
Pero outras moitas veces é un recurso que nos axuda a seguir aprendendo en distintos aspectos.
Nesta ocasión, debuxamos “A dragoa á que non lle gustaba o lume”; perfeccionamos o trazo oblicuo; traballamos lectoescritura, primeiro a nivel grupal e despois individual, recortando as letras que precisamos para compoñer a palabra LUME e tratando de ordealas de xeito autónomo.
viernes, 8 de noviembre de 2024
Os dragóns
O seguinte ser mitolóxico sobre o que imos aprender é…
os dragóns! A nosa mascota Pompón deixounos uns cantos libros nos que investigar.
Magosto e torneo de peóns
Castañas asadas, peóns e música... todo para pasar un magosto estupendo!
Moitas gracias á Asociación Palacio do Rei por darlle ritmo á xornada.
Parabéns a todo o alumnado participante no XIII torneo de peóns.
jueves, 31 de octubre de 2024
Personaxes do Samaín
Estamos coñecendo polo miúdo a un ser fantástico: as bruxas ou meigas.
Nestes días de Samaín, aproveitamos para ambientar a aula, creando uns banderíns con outros seres amigos das bruxas.
Contacontos Samaín
-Se nos gustan os contos?
-Claro!
-Que temos aos mellores contadores e contadoras do mundo no noso cole?
-Por suposto! Para nós, insuperables.
Canto de especial teñen as historias contadas polas nosas familias!
Gracias a moreas a todas as que vos achegastes neste Samaín, facédesnos moi felices!
Moitas gracias tamén por axudarnos a ambientar este día con disfraces, decoración...
viernes, 25 de octubre de 2024
Presentación proxecto de centro
Conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares enchendo a nosa biblio de diferentes culturas e tradicións.
Familias de diversas nacionalidades explicáronnos aqueles aspectos máis relevantes do seu lugar de orixe, sendo o punto de partida do Proxecto Anual de Centro "Somos Diversidade". Ensináronnos moitas curiosidades e motiváronnos un montón, agora tócanos a nós seguir investigando!
Polo momento, a mamá da nosa compi Izar contounos varias cousas que aínda non sabiamos de Suíza. Que ganas de aprender máis!
Non
podemos estar máis agradecidos ás familias participantes pola súa
implicación, fixéstesnos pasar unha xornada súper especial!
Gracias, grazie, multumesc, thank you, شكرًا لكshkran lak!
martes, 22 de octubre de 2024
Mansión da bruxa
Esta semana imos coñecer un pouco máis, un novo ser fantástico: As Bruxas!
Por equipos, construímos varios castelos para unilos e crear unha masión para bruxas, e ata lle puxemos luz! Si, si! Luz! Fixémolo conectando un circuíto eléctrico moi sinxelo.
Toda esta tarefa foi en equipo así que tivemos que chegar a acordos, escoitar aos demais, respectar o seu traballo e opinións.
lunes, 21 de octubre de 2024
sábado, 19 de octubre de 2024
Cousas de outono
Estación de aprendizaxe de outono nas que imos rotando ao pongo dunha sesión:
-Programamos o robot para movelo sobre vocabulario do outono.
-Traballamos orientación espacial con elementos propios da estación.
-Ruleta de outono para favorecer a observación, atención e vocabulario.
-Desenvolvemos motricidade fina modelando con plastilina gotas de chuvia, púas do ourizo…
Trazo
Antes de trazar no papel construimos manipulativente.
Neste caso, facemos almenas con palillos por parellas.
lunes, 14 de octubre de 2024
Barri
Hoxe, coñecimos a Barri, un San Bernardo chegado dende os Alpes. Sara e a súa mamá contáronnos que este tipo de cans axudan aos montañeiros que se atopan perdidos ou que teñen algún problema na montaña, incluso lles axudan a combatir o frío cunha bebida quente, gárdana no barril que levan ao pescozo!
viernes, 11 de octubre de 2024
miércoles, 9 de octubre de 2024
Proxecto de centro
Este curso, o proxecto de centro leva por título “Somos diversidade”. Cada aula do cole centrarase nun país distinto.
Onte, sabíamos que na nosa aula tiñamos averiguar de onde é unha bandeira vermella cunha cruz branca. Despois de investigar moooito, descubrimos que imos coñecer Suiza!!
Conteo
Velaquí dous xogos que nos axudan a asociar o número á cantidade e no conteo.
-En parella ou en dous grupos. Repartimos cartas sobre a mesa con números do 1 ao 6, por turnos imos lanzando o dado, contamos os puntiños, escollemos a carta que teña o número correspondente e metémola na caixa. O primeiro que quede sen cartas gaña.
-Construímos edificios. Miramos o número e facemos o edificio contando os policubos.
martes, 1 de octubre de 2024
Que tempo fai hoxe?
Rematou o mes de setembro e tocou facer o cálculo do tempo que fixo: contamos, comparamos, asociamos…
Buscamos en equipo
Para profundizar no recoñecemento das figuras xeométricas fixemos catro equipos, cada un encargouse de buscar cousas na aula coa forma correspondente.
Antes de comezar cada equipo tivo que poñer en común como buscar, como organizarse… chegar a acordos para que todo o equipo participe e se sinta a gusto.
Conciencia fonolóxica
A conciencia fonolóxica é a base para aprender a ler e escribir, esta habilidade axúdanos a recoñecer e usar sons.
Nestes días, traballámola con este xogo… lanzamos o dado, contamos tantas casillas como marca, miramos a letra que nos tocou, pronunciamos o seu son e buscamos un debuxo no panel que empece por ese son.
Estacións de aprendizaxe
Nestas estacións de aprendizaxe formamos catro equipos, cada un deles estará entre dez e quince minutos nunha actividade concreta, para ir rotando ata que pasen por todas.
Estas actividades teñen propostas de diverso tipo. A semana pasada fixemos:
-Creación de series de tres elementos
-Crebacabezas
-Escritura / composición dos nomes con letras móbiles
-Debuxo libre
lunes, 23 de septiembre de 2024
Outono
“Ponte en mi lugar”
Con este conto estamos traballando a importancia de poñerse no lugar dos demais, o valor da amizade e canto nos gusta que sexan amables con nós e nos traten ben!
Seres mitolóxicos e fantásticos
Durante este trimestre, aprenderemos un montón de cousas sobre seres mitolóxicos e fantásticos.
Para descubrir cal sería o primeiro, fixemos un debuxo cooperativo, no que foron pasándolle o folio ao compi do lado, de modo que cada un debuxou unha consigna das que ía mencionando a profe. Ao final, resultaron uns debuxos de unicornios no que participaron todos e todas.