Unha tea verde de fondo e creamos uns croma así de fantásticos...uuuuuhhh!!!
martes, 31 de octubre de 2023
Neste Samaín...
Debuxar, recortar e pegar... é unha técnica que nos está encantando. Así fixemos estas cabazas tan chulis.
Tamén realizamos un experimento cun globo e un fantasma.
Contacontos de meeeedo
Cando veñen as familias ao cole créase un ambiente especial!
Canta ilusión por escoitar esas historias de meeedo que nos tiñan preparadas.
Na nosa aula visitánnos Paula e Antía, grazas a moreas pola vosa participación, non deixades de sorprendernos.
Samaín!
Disfrazámonos, bailamos, superamos o túnel de entrada ao cole e, sobre todo, pasámolo mooooi ben!
Aquí nos tedes, nun decorado fantástico gracias as aportacións das familias, o traballo compartido loce o triple!!! Mirade que chulada!
viernes, 27 de octubre de 2023
GRACIAS!!
Familias, sodes moi xenias!!
Mil grazas pola participación e polas creacións tan estupendas que realizastes!!
En breve subirei fotos da exposición, asegúrovos que quedou fenomenal! De momento, vai un adianto de caras cheas de ilusión!
martes, 24 de octubre de 2023
Día das bibliotecas
Este ano conmemorámolo día das bibliotecas creando cómics.
Hoxe, baixamos a biblio para ler os cómics creados polos nosos compis e aproveitamos para mirar un montón de cómics cos nosos amigos máis pequenos do cole.
Lince
Aprendemos a xogar ao lince!
Lanzamos a ruleta e… temos que atopar moooi rápido no panel o que marca.
Un xeito moi divertido de traballar a atención e o vocabulario do outono.
Animais vertebrados
Nestes días, aprendimos que os dinosaurios son animais vertebrados así que estuvimos clasificando os animais que coñecemos hoxe en día e construímos frases cos pictogramas.
miércoles, 18 de octubre de 2023
Día das escritoras
Celebramos o Día das Escritoras na nosa biblio!
Na nosa aula, decoramos a foto de Ana Meilán… estes días estamos lendo un montón de contos desta escritora. Encántanos!
Landras
No cole estamos facendo unha exposición dos froitos do outono. Á nosa aula tocoulle LANDRAS, así que a semana pasada, recollimos un montón no bosque, deixámolas na súa cesta e puxémoslles o nome.
domingo, 1 de octubre de 2023
Os números
Xogamos cos números por parellas. Un colócase no número e a súa parella busca a cantidade correrspondente... un xeito divertido de traballar a asociación número-cantidade.
Cousas do outono
Chegou o outono, así que profundizamos sobre as características da estación, aprendizaxes que nos dan pé a traballar outras moitas cousas. Mirade, mirade...
Empregamos as tarxetas de vocabulario para clasificar as palabras segundo a súa categoría: animais, prendas de vestir, froitos, festas... Por último, realizamos xogos de memoria e atención:
-Miramos as tres tarxetas, dámoslles a volta e temos que recordar que imaxes contiñan.
-Colocamos tres ou catro imaxes, memorizámolas, cerramos os ollos, a profe fai algún cambio e canto abrimos os ollos temos que aberiguar que foi o que cambiou.Nos primeiros días de cole...
Temos listos os nosos manteis para as merendas.
Para elaboralos poñemos en practica o trazo vertical e horizontal, sáenos xenial!
Tamén creamos uns identificadores dos nosos percheiros con acuarelas, encántannos!