miércoles, 31 de mayo de 2023

Traballo en parellas

 Hoxe, profundizamos sobre o concepto longo/curto. Para iso, tivemos que poñernos en parellas e construír algo longo e curto. Puxemos moita atención en como se traballa en equipo, para iso primeiro fixemos unha “dramatización” do diálogo que podemos empregar para chegar a acordos, como tomar decisións, escoitar ao outro. Saíunos xenial… tanto, que houbo acordos ata para recoller!!

martes, 30 de mayo de 2023

True true

 Coñecemos un novo robot: True, true!!

 Iniciámonos na súa programación comenzando polo “segue líneas”, nós debuxamos e true true vai polo camiño!! Fascinante!!


Circuíto

 Esta semana estamos pasándoo xenial no circuíto de educación viaria!!

Gracias familias pola vosa colaboración! 




jueves, 25 de mayo de 2023

Amigos

 Canto nos acordamos dos compis cando están maliños e non poden vir ao cole!

Dani ten que estar uns días na casiña pero onte veu de visita!!

Canta ilusión e que ganas tiñamos de velo! 

SOMOS UNHA PIÑA 



Obradoiro Sotavento

 Hoxe, tivemos unha nova actividade vencellada co PDI deste curso “A nosa pegada”

Visítannos dende Sotavento para darnos a coñecer alternativas non contaminantes para producir enerxía… foi fantástico experimentar con auga, co vento e co sol para conseguir encender a nosa propia luz. E para rematar, tomamos leite ben quentiño empegrando un forno solar. 

Graciñas por vir!  


martes, 23 de mayo de 2023

A música de raíz

 Dende as montañas do Courel, visitáronnos hoxe varios membros da Fundación Legar, co seu espectáculo "A música de raíz na escola" financiado pola Deputación de Lugo.

Cantamos, bailamos, escoitamos e aprendimos que a nosa música ten a súa orixe nos sons da natureza... encantounos!

Teatro

O "Obradoiro Municipal de teatro de Palas de Rei" representou para todo o alumnado a obra "A maleta dos contos viaxeiros".

Graciñas por achegarnos o teatro á escola!



viernes, 19 de mayo de 2023

Granxa da Cernada

 O alumnado de educación infantil visitou a Granxa da Cernada. Alí, puideron ver as súas instalacións, observar os seus animais, coñecer un pouco máis o traballo que realizan e degustar algún dos seus produtos.  Pasárono xenial!

Grazas á ANPA por organizar esta actividade. 

jueves, 18 de mayo de 2023

Vilar de Donas


 Hoxe, foi un día estupendo en Vilar de Donas!!! Fixemos un maio entre todos e todas, cantamos, tocamos, bailamos, recitamos, xogamos moito...

Acompañáronnos as amigas e amigos do grupo "Fonte de Merlán"... moitas grazas!!!!

Para rematar comemos todas e todos xuntos!


lunes, 15 de mayo de 2023

Zume

 Este luns,  ademáis do bocata de merenda de media mañá exprimimos unhas laranxas e… grandamos as mondas. Adiviñades para que as imos empregar? 


Leitugas

 O que sementa recolle!!!

Hoxe, a ensalada do comedor era das leitugas do noso invernadoiro, riquísimas!




sábado, 13 de mayo de 2023

Poesía

 Neste tempo de primavera, estamos aprendendo unha poesía titulada "A señora bolboreta".

Probamos o set croma da nosa biblio para crear este video recitando!



viernes, 12 de mayo de 2023

Creamos orugas

 Aproveitando que estabamos traballando as nocións de medida “longo e curto” fixemos unha serie tendo en conta estes conceptos, para crear unhas eirugas moi simpáticas. Nesta actividade, tivemos que ensartar as figuriñas longas e curtas nunca corda, favorecendo así a coordinación óculo manual, paso previo moi importante para o control do trazo na escritura.


Teatro

 As nenas e os nenos de 1º representaron para nós unha obra de teatro braseada no conto “A casa da mosca chosca” Fixérono xenial!! E, por suposto, encantounos!!! Gracias a moreas.



Xoves de biblio

Canto nos gusta a nosa biblio!!

A lingua das bolboretas

Estes días, aprendemos que a lingua das bolboretas ten forma de espiral, por ela absorben o néctar, chámase espiriritrompa.

Aquí nos tedes practicando coas espirais de plastilina, unha actividade estupenda para seguir gañando forza nas nosas mans.


miércoles, 10 de mayo de 2023

Tecendo

 As nosas orugiñas comezan a tecer!! 




Clasificamos animais

 Aproveitando que estamos aprendendo como son as bolboretas clasificamos animais atendendo a distintos aspectos, por exemplo: que comen, onde viven, como é a súa pel, como nacen…




Bolboretas

 Sabemos que as bolboretas teñen as alas iguais, así que puxémonos mans a obra, pintamos con témpera a metade dun folio doblámolo e… listo! Xa temos unhas alas igualiñas!! 


Con esta técnica creamos unhas bolboretas para o noso mural da primavera... non vos teñen unhas caras moi coñecidas? 






Recantos

  Nestas imaxes veredes algúns dos materiais que temos este trimestre nos recantos, están vencellados ao proxecto das bolboretas e á primavera.

Con eles avanzamos na atención, control óculo manual, coordinación psicomotriz, lóxica, percepción espacial, orientación, creatividade… cantas cousas aprendemos xogando! 


miércoles, 3 de mayo de 2023

Día contra o acoso escolar

 O día 2 de maio conmemórase o día contra o acoso escolar. Ser amables, tratar ben as persoas que temos ao carón, axudar cando alguén o necesita… son temas que tratamos a cotío na aula. Hoxe, fixémolo a través da lectura do conto “Orellas de bolboreta”, comentando como se sinte a súa protagonista Mara e que deberían facer aqueles que se rin dela. Reflexións que nos van axudar a camiñar cara o respecto, a boa convivencia e a importancia de mostrarse cada que tal cual é.

Velaquí nos tedes debuxando a Mara.





Aquí tedes uns vídeos co conto e a canción para desfrutalos en familia. 





Simetría

 Sabiades que as bolboretas teñen 4 alas? Dúas grandes e lustras dúas máis pequenas!

Aquí estamos practicando a simetría das alas coas figuras xeométricas… fixándonos moito na forma, cor e tamaño.