Neste último día de cole do ano 2022 tivemos moooooita festa.
Baile, pintacaras, festa de cumples, visita de Papá Noel e badaladas de fin de ano no comedor!
Un dos obxectivos que pretendemos acadar este curso, a través do PDI de centro sobre desenvolvemento sostible, é REUTILIZAR. Así que hoxe, puxémonos mans á obra.
Grazas á colaboración das familias conseguimos encher o corredor do cole de material de refugallo.
Para que, preguntarédesvos? Pois para crear unha aldea. Si, si! Unha aldea.
Organizámonos en 7 grupos e, dentro de cada un deles, alumnado de todas as idades.
Unha vez tiñan claro o reto: expuxeron ideas, tomaron decisións, organizáronse e crearon. Vaia se crearon! En breve veredes o resultado!!
Sen dúbida, foi un día do máis enriquecedor onde todas e todos se sentiron partícipes, onde os máis maiores do cole orientaron e axudaron aos máis peques, onde todas e todos colaboraron para un obxectivo común, onde se respiraba ilusión, concentración e moita imaxinación, onde (unha vez máis) comprobamos que xuntos somos máis fortes!!!
Veredes dende aquí como traballaron.
Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas... a nosa converteuse en escenario dun montón de experimentos, onde cada curso lle explicou ao resto de compañeiras e compañeiros do cole os seus descubrimentos. Este ano, todos relacionados con enerxías renovables, contaminación e reciclaxe.
Un pasiño máis cara o coñecemento dun xeito de vida máis sostible.
Nós explicámoslles ao resto de compañeiras e compañeiros a forza do vento!