viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín

 Graciñas ás familias pola vosa colaboración neste Samaín! Traballazo coas cabazas e cos disfraces.

Seguro que estes días oistes cantar na casa algo sobre unha bruxa piruxa... aquí vola presento por se vos apetece vela en familia.

Nestes días cantamos, bailamos, rimos e... aprendemos algo máis sobre o medo. Unha emoción que, pouco a pouco, imos aprendendo a xestionar.

miércoles, 26 de octubre de 2022

Contos de Samaín

 Últimas sesións de contacontos deste Samaín!

Hoxe, visitáronnos Sonia (nai do noso compi Martiño), Natalia (mamá de Martín) e Muriel (nai de Liam)

Canto nos gusta escoitar ás nosas familias e cantas sorpresas nos trouxeron! 

Historias inventadas, boliños de pan, contos con sorpresa, vampiresas divertidas... así, o medo é un poquiño menos medo!

Grazas a moreas por lernos os vosos contiños.


lunes, 24 de octubre de 2022

Días das bibliotecas escolares

Conmemoramos o Días da Bibliotecas Escolares con sesións de contacontos na nosa biblio e, como non podía ser doutro xeito, a temática é o Samaín!

Hoxe, Carmen, a avoa da nosa compi Zeltia leunos o conto "Oito Patas" Encantounos!

E vaia sorpresa máis chuli (e rica) nos tiña preparada para o final do conto!

Graciñas por vir!!


 

jueves, 20 de octubre de 2022

Reciclamos

 Durante este curso, realizaremos no cole un Proxecto sobre desenvolvemento sostible, que leva por nome: "A nosa pegada"

 Arrincamos esta semana coa primeira actividade: a separación de residuos... xa case, case o temos controlado!!

Animásdesvos na casa a separar para reciclar?




Actividades de outono

 Durante este trimestre, estamos a realizar un proxecto de aula sobro o carballo... estamos a aprendento un montón de cousas!

Aquí nos tedes clasificando follas, fixándonos  na súa forma, tamaño e textura. Esta actividade, ademáis de servir para recoñecer a folla do carballo, axúdanos a profundizar noutros conceptos matemáticos como: grande/pequeno, o conteo, as cores... favorece a observación e atención, amplia o noso vocabulario... unha morea de cousiñas as que estamos a aprender!


Outros xogos que temos estes días na aula vencellados co proxecto do carballo e cos froitos do outuno son estes que vedes nas imaxes. Un xeito lúdico de potenciar a atención, concentración, observación, espacialidade e razoamento... e, por suposto, alimentación saudable.






lunes, 17 de octubre de 2022

Recibimos a visita dalgúns dos xogadores do Club Baloncesto Breogán e da súa mascota Máximus, que nos fixo pasar moi bo rato movendo o esquelete!

Gozamos tamén de inchables!


 

domingo, 16 de octubre de 2022

O son que me arrola

O venres pasado gozamos de "O son que me arrola" A asociacion socio-educativa Antonio Gandoy ofreceunos unha proposta musical que achega aos máis peques a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e instumentación.

Quedamos marabillados... soamente hai que mirar as nosas cariñas!

jueves, 6 de octubre de 2022

No invernadoiro

 Aquí nos tedes coas primeiras sementes do curso. Agora soamente queda ter paciencia para ver os nabos medrar.