miércoles, 22 de diciembre de 2021
Obradoiro
O último día de cole do 2021 esperaban festaaaaa.
E así foi, todo comezou cunha mensaxe da nosa mascota Pepito Unicornio na que nos propoñía convertirnos en trasnos. Para iso, tivemos que superar varios retos: construír un gorro, crear un boneco de neve, atopar as pezas agochadas da árbore, descubrir o código secreto para conseguir abrir unha caixa sorpresa que atopamos pechada con candados, rescatar os cascabeis antes de que o fixera o reno Rodolfo e bailar! Conseguímolo traballando en equipo.
Despois tocou merenda de festa e badaladas no comedor.
Pasámolo xenial!
Desexos
Os nosos desexos para o novo ano...
Descubrimos a técnica do stop motion que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas... ou como dirían os peques: mover algo e foto, mover outro pouco e foto, mover e foto, mover e foto, así moitas veces! Creo que imos ter que volver repetir porque lles encantou... "isto parece maxia"
Deixovos unhas fotos do día que gravamos os desexos.
viernes, 17 de diciembre de 2021
jueves, 16 de diciembre de 2021
Teatro de sombras
Nas sesións de estimulación da linguaxe da profe María creamos un teatro de sombras a partir dos debuxos dun dos nosos contos favoritos. Esta semana toucounos a nós contalo, sabedes cal é?
sábado, 4 de diciembre de 2021
Novo aspecto da biblio
Se aínda non puidestes achegarvos a coñecer o novo aspecto da biblio ollade neste vídeo o contenta que está Daia neste novo espazo!
Día Internacional das persoas con discapacidade
A través de diversas actividades, organizadas polo equipo do Departamento de Orientación (Emma, María e Conchi) tomamos conciencia das distintas capacidades que poden ter as persoas, deste xeito o alumnado reflexiona sobre as necesidades que podemos ter cada individuo chegando así a entender a importancia de promover dereitos e benestar xeral.