martes, 27 de abril de 2021

A arte no mundo

 Este trimestre estamos traballando o proxecto do xardín e, se vós din que fomos de viaxe non vos asustedes...estamos coñecendo distintas obras de arte vencelladas cas flores, para isto precisamos dar unha volta ao mundo...

Adiviñades a quen coñecimos? 

lunes, 26 de abril de 2021

Choven poesías

 En abril augas mil. Mais semella que tamén poesías!

Non perdades aos peques da aula de catro anos falándonos sobre poesía. Abride ben os oídos que teñen compañía, sabedes quenes son?

Grazas a moreas a todas as persoas que puxestes o vosa voz nestre proxecto!

Día do libro 2021

 Nunha data tan especial quixemos crear e ilustrar os nosos propios contos. Organizámonos de dúas en dúas aulas e inventamos historias cheas de emocións.

 Preme na imaxe para poder lelas, nos as podedes perder!

jueves, 15 de abril de 2021

Cociñamos biscoito

Riquísimo... velaquí a receita por se vos animades. Nós empregamos fariña de castaña.

Como seguimos en época COVID, os peques non manipularon os ingredientes porque ía ser un biscoito para compartir. Pero axudáronme moito contando cantidades, recordándome ingredientes... a profe é un peliño despistada jejeje

miércoles, 14 de abril de 2021

As gafas de sentir


“As gafas de sentir”, un conto que nos invita a seguir coñecendo as nosas emocións e verbalizalas... este é o comenzo para poder xestionalas.

Non nos resistimos a probar... 🤓❤️🧠 

viernes, 9 de abril de 2021